Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Mércores, 6 de xullo de 2022 Páx. 38715

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Lugo

ANUNCIO da convocatoria, bases xerais e bases específicas do proceso selectivo para o ingreso, como funcionario/a de carreira, en 3 prazas denominadas auxiliar A.X. (1 da cota xeral e 2 da cota de reserva a persoas con capacidades diferentes), incluídas nas ofertas de emprego público dos anos 2019 e 2021.

No Boletín Oficial da provincia (BOP) de Lugo número 101, do 6 de maio de 2021, publícanse as bases xerais que regulan os procesos selectivos que convoque a Deputación Provincial de Lugo para cubrir prazas vacantes do cadro de persoal funcionario ou laboral fixo incluídas nas ofertas de emprego público, acceso libre (cota xeral e cota de reserva a persoas con capacidades diferentes).

No Boletín Oficial da provincia número 134, do 13 de xuño de 2022, publícanse a convocatoria e as bases específicas que rexerán, polo sistema de oposición, o proceso selectivo en quenda de acceso libre de tres (3) prazas de auxiliar A.X. (1 da cota xeral e 2 da cota de reserva a persoas con capacidades diferentes), pertencentes á escala de Administración xeral, subescala auxiliar, grupo C, subgrupo C2.

O prazo de presentación de solicitudes será vinte (20) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria e bases no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Lugo, no taboleiro de anuncios desta entidade e na páxina web de Deputación Provincial de Lugo.

Lugo, 13 de xuño de 2022

O presidente da Deputación Provincial de Lugo
P.D. (Decreto do 26.7.2019)
Pablo Rivera Capón
Deputado delegado da Área de Promoción Económica e Social