Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 7 de xullo de 2022 Páx. 38851

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Estrada

ANUNCIO da convocatoria para a cobertura en propiedade dunha praza de encargado/a de obras (persoal funcionario) do Concello da Estrada (promoción interna horizontal).

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 112, do 13 de xuño de 2022, publicáronse integramente as bases que van rexer a convocatoria para a cobertura dunha praza de funcionario/a de carreira, de encargado/a de obras, integrada no grupo C, subgrupo C2, escala Administración especial, subescala de servizos especiais, clase de persoal de oficios, polo sistema de concurso-oposición por promoción interna horizontal.

O prazo de presentación de solicitudes será de (20) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

A Estrada, 13 de xuño de 2022

José C. López Campos
Alcalde