Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 7 de xullo de 2022 Páx. 38855

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Moaña

ANUNCIO das bases do proceso selectivo para cubrir as vacantes incluídas na oferta do emprego público do ano 2021.

Na Resolución de Alcaldía 2022-0551, do 9 de xuño de 2022, aprobáronse as bases que regularán o proceso selectivo para cubrir as prazas vacantes incluídas na oferta do emprego público do ano 2021 para unha praza de administrativo/a e unha praza de limpador/a.

O período de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio das bases no Boletín Oficial del Estado.

As bases íntegras publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello de Moaña https://concellodemoana.sedelectronica.gal

Moaña, 14 de xuño de 2022

Leticia Santos Paz
Alcaldesa