Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 7 de xullo de 2022 Páx. 38818

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 17 de xuño de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifican aos solicitantes do dereito de asistencia xurídica gratuíta os requirimentos de documentación acordados pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Pontevedra no expediente PR204A 2022/3410-4 e tres máis.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícanselles ás persoas que se relacionan no anexo os requirimentos de documentación acordados pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta ao non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro dos requirimentos que se notifican, xunto co resto da documentación dos expedientes, atópase á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Pontevedra (avenida María Victoria Moreno, 9º, Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

O requirimento suspende o prazo para ditar a resolución sobre o dereito á asistencia xurídica gratuíta polo tempo que medie entre aquel e o seu efectivo cumprimento por parte da persoa destinataria ou, de non cumprilo, polo transcurso do prazo recollido no requirimento para cumprilo.

O prazo de que dispón as persoas solicitantes do dereito para achegar a documentación requirida é de 10 días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo a Comisión ditará resolución que poderá ser de denegación do recoñecemento do dereito por non xustificar o solicitante, como é a súa obriga, que reúne os requisitos previstos na lei.

Pontevedra, 17 de xuño de 2022

Ramón Pereiro Santín
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

DNI/NIE/pasaporte

PR204A 2022/3410-4

Y0185170B

PR204A 2022/3430-4

44081261J

PR204A 2022/3454-4

34625681D

PR204A 2022/3570-4

Y1051837S