Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Venres, 8 de xullo de 2022 Páx. 39022

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2022, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación da acta da reunión da Comisión negociadora do convenio colectivo autonómico de centros especiais de emprego de Galicia en que se actualizan as táboas salariais correspondentes ao ano 2022.

Visto o texto da acta da reunión da Comisión negociadora do convenio colectivo autonómico de centros especiais de emprego de Galicia onde se actualizan as táboas salariais correspondentes ao ano 2022, que se subscribiu con data do 11 de abril de 2022, entre a representación de Cegasal e os representantes dos traballadores e traballadoras pertencentes aos sindicatos CC.OO. e UGT, e de conformidade co disposto no artigo 90, puntos 2 e 3, do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo,

Esta Dirección Xeral de Relacións Laborais, resolve:

Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia (Rexcon), creado mediante a Orde do 29 de outubro de 2010 (DOG núm. 222, do 18 de novembro).

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2022

Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais

Acta da reunión da Comisión negociadora do convenio colectivo autonómico de centros especiais de emprego de Galicia

En Santiago de Compostela, ás 9.30 horas do día 11 de abril de 2022, na sede do Consello Galego de Relacións Laborais, reúnese a Comisión negociadora do convenio autonómico de centros especiais de emprego e asisten as persoas sinaladas a continuación:

– Representación empresarial:

Ignacio Rodríguez Sáez (Cegasal).

Víctor Silva Suárez (Cegasal).

Esther Blanco (Cegasal).

Juan Acevedo (Cegasal).

– Representación sindical:

Jesús Pereira Gil (CC.OO.).

Juan Loureiro Taibo (UGT).

O motivo da reunión é a actualización das táboas salariais correspondentes ao ano 2022.

Logo do oportuno debate, as partes representadas nesta comisión negociadora acordan o seguinte:

Primeiro. Aprobar o contido das táboas que se xuntan, cun incremento salarial do 8 %.

Segundo. Acordar que o prazo para a actualización dos atrasos se establece como máximo o 30 de setembro de 2022.

Terceiro. As partes reuniranse novamente no mes de novembro do ano en curso para valorar a actualización practicada conforme a evolución económica e do índice de precios.

Cuarto. Outras cuestións sobre dúbidas interpretativas do Convenio:

Artigo 15 «Excedencia por coidado de familiares». Sinálase a necesidade de aclarar que o prazo dun ano que se recolle no Convenio é inferior ao recollido para o mesmo suposto no Estatuto dos traballadores; debe, en consecuencia, ser interpretado de conformidade co Estatuto: 2 anos.

Quinto. Acórdase delegar a realización dos trámites de rexistro, depósito e publicación da presente acta no funcionario do Consello Galego de Relacións Laborais, Ignacio Bouzada Gil.

E non tendo máis asuntos que tratar, finaliza a reunión ás 10.30 horas no lugar e data arriba sinalados, e todos os asistentes asinan a presente acta en proba de conformidade

Ignacio Rodríguez Sáez (Cegasal).

Víctor Silva Suárez (Cegasal).

Esther Blanco (Cegasal).

Juan Acebedo (Cegasal).

Jesús Pereira Gil (CC.OO.).

Juan Loureiro Taibo (UGT).

TÁBOA I

Centros especiais de emprego de iniciativa social e emprendemento colectivo

Actualizado 2021

Salario base

Grupo I. Persoal directivo

1.756 €

Grupo II. Persoal titulado

Persoal titulado nivel 3

1.646 €

Persoal titulado nivel 2

1.427 €

Grupo III. Persoal técnico

Persoal técnico superior nivel 1

1.317 €

Persoal técnico

1.086 €

Persoal técnico auxiliar

1.026 €

Grupo IV. Persoal operario

Persoal operario/auxiliar

1.026 €

TÁBOA II

Centros especiais de emprego que non sexan de iniciativa social e emprendemento colectivo

Actualizado 2021

Salario base

Grupo I. Persoal directivo

2.142 €

Grupo II. Persoal titulado

Persoal titulado nivel 3

2.008 €

Persoal titulado nivel 2

1.740 €

Grupo III. Persoal técnico

Persoal técnico superior nivel 1

1.606 €

Persoal técnico

1.345 €

Persoal técnico auxiliar

1.252 €

Grupo IV. Persoal operario

Persoal operario/auxiliar

1.252 €