Ao non ser posible a práctica de comunicación aos titulares das referencias catastrais que se relacionan a continuación por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública comunicación de xestión da biomasa, co fin de que no prazo de quince (15) días, que comezarán a contarse desde o día seguinte ao da publicación do presente edicto no Boletín Oficial del Estado, os interesados no procedemento procedan á xestión da biomasa, segundo o establecido nos artigos 135 e 136 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, así como á retirada de especies arbóreas prohibidas ás cales se refire o artigo 22 da dita lei.
A eficacia do acto notificado quedará demorada ata a publicación do pertinente anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Así mesmo, ponse en coñecemento da persoa responsable que o contido íntegro da citada notificación, así como da totalidade do expediente administrativo, está á súa disposición nas oficinas municipais do Concello de Culleredo (Área de Medio Ambiente, Servizos e Obras), situadas na Rúa do Concello, nº 12, das 9.00 ás 14.00 horas, os días laborables, de luns a venres.
Número de expediente |
Referencia catastral |
Propietaria |
UME/2021/781 |
15031A05600155 |
Vázquez Pose, Carmen |
Culleredo, 22 de xuño de 2022
José Ramón Rioboo Castro
Alcalde presidente