Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Venres, 8 de xullo de 2022 Páx. 39142

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

EXTRACTO da Resolución do 27 de xuño de 2022 pola que se amplían os prazos máximos de execución dos proxectos e de presentación da xustificación e solicitude de cobramento da Resolución do 13 de xaneiro de 2020, pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos proxectos de investimento empresarial, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan en réxime de concorrencia non competitiva, modificada pola Resolución do 10 de agosto de 2020.

BDNS (Identif.): 493045.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Redistribución do crédito orzamentario

Modifícase a distribución plurianual dos créditos dispoñibles para concesións, que se aboarán con cargo á aplicación orzamentaria 06.A1.741A.7701, e polos seguintes importes con cargo aos seguintes exercicios: 300.000 € con cargo ao ano 2020, 500.000 € para o ano 2021, 6.200.000 con cargo ao ano 2022 e 2.000.000 € con cargo ao ano 2023.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2022

Patricia Villajos Grande
Xerente do Instituto Galego de Promoción Económica