Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Luns, 11 de xullo de 2022 Páx. 39453

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 27 de xuño de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente SAN-CO-0069/2022-IA.

De conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar a notificación persoal dúas veces, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 44 desta lei, segundo o cal esta notificación ten que ser feita no BOE, e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.

A Coruña, 27 de xuño de 2022

José Manuel Santos Maneiro
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: SAN-CO-0069/2022-IA.

DNI denunciado: 44814118K.

Acto de notificación: acordo de iniciación.