Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Luns, 11 de xullo de 2022 Páx. 39447

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ANUNCIO do 27 de xuño de 2022, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se emprazan as persoas interesadas no procedemento ordinario 101/2022, seguido na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Luis Román Suárez Canedo interpuxo recurso contencioso-administrativo que se tramita como procedemento ordinario, coa referencia 101/2022, na Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. O dito recurso contencioso-administrativo ten por obxecto a Resolución do 7 de xaneiro de 2022 do director xeral de Centros e Recursos Humanos que desestimou o recurso de alzada interposto por Luis Román Suárez Canedo contra a listaxe, publicada polo tribunal número 1, de opositores que non superaron a fase de concurso-oposición para o ingreso na especialidade de Linguaxe Musical do corpo de profesores de música e artes escénicas no proceso selectivo convocado pola Orde do 24 de febreiro de 2020 (DOG do 13 de marzo).

De conformidade co disposto no artigo 47.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e de conformidade co requirido polo Tribunal, mediante Oficio do 13.4.2022, a través do presente anuncio notifícase a interposición do antedito recurso contencioso-administrativo, para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas, que se emprazan para que poidan comparecer como demandadas, se o consideran oportuno, na Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (sito na praza de Galicia, da cidade da Coruña) no prazo de 9 días, coa finalidade de constituírse como parte interesada no proceso xudicial indicado. Ese prazo de 9 días comeza a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2022

Jesús Manuel Álvarez Bértolo
Director xeral de Centros e Recursos Humanos