No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 150, do 2 de xullo de 2022, publícase o texto íntegro das bases que rexerán a convocatoria para prover unha praza de peón, pertencente á escala de Administración xeral, subescala subalterna, asimilada ao grupo E, incluída na oferta ordinaria de emprego público de persoal laboral para 2022, mediante o sistema de concurso-oposición libre.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse no Boletín Oficial da provincia de Ourense e no taboleiro de anuncios do Portal de transparencia do Concello de Avión.
Avión, 4 de xullo de 2022
Antonio Montero Fernández
Alcalde