Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Luns, 11 de xullo de 2022 Páx. 39473

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Gudiña

ANUNCIO da convocatoria para prover varias prazas polo sistema de promoción interna.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 137, do 16 de xuño de 2022, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para prover mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda de promoción interna unha praza de coordinador/a de emprego e desenvolvemento local, pertencente á escala de Administración especial, subescala de servizos especiais.

Unha praza de administrativo/a-responsable de tesouraría, pertencente á escala de Administración xeral, subescala administrativa.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse na forma prevista nas propias bases.

A Gudiña, 17 de xuño de 2022

José María Lago Cabo
Alcalde