Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Martes, 12 de xullo de 2022 Páx. 39484

I. Disposicións xerais

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

CORRECCIÓN DE ERROS. Decreto 118/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.

Advertido un erro no citado decreto, publicado no Diario Oficial de Galicia número 126, do 4 de xullo de 2022, cómpre efectuar a seguinte corrección:

Na páxina 37853, no punto 2 do artigo 3, onde di: «b) O Xurado de Expropiación de Galicia regulado pola Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e cuxo Regulamento de organización e funcionamento foi aprobado polo Decreto 223/2005, do 16 de xuño», debe dicir: «b) O Xurado de Expropiación de Galicia regulado pola Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e cuxo Regulamento de organización e funcionamento foi aprobado polo Decreto 172/2018, do 20 de decembro».