Mediante a Orde do 21 de febreiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa comunitario Erasmus+, destinadas ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia no curso 2021/22, aprobáronse as bases desta convocatoria.
De acordo co establecido no artigo 11 desta convocatoria, as solicitudes foron revisadas pola comisión avaliadora nomeada na devandita orde, que acordou a exposición da listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas, podendo as persoas interesadas formular, no prazo de dez días, as reclamacións ou emendar as carencias ou deficiencias detectadas na documentación achegada ante a Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional.
Finalizado este prazo, resolta a reclamación presentada e de acordo co establecido no artigo 13 das bases da convocatoria, e atendendo á proposta elevada pola dita comisión avaliadora a través da Dirección Xeral de Formación Profesional,
RESOLVO:
Primeiro. Conceder axudas de mobilidade complementarias, no marco do programa comunitario Erasmus+, ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia que se relaciona no anexo I desta resolución e pola contía que se especifica. Así mesmo, inclúese a listaxe de solicitudes excluídas por non reuniren os requisitos establecidos na orde de convocatoria.
As axudas aboaranse na conta bancaria indicada pola persoa interesada, unha vez que acredite, mediante certificación, que se encontra ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
Segundo. O incumprimento total ou parcial, por parte das persoas beneficiarias, de calquera das condicións establecidas na Orde do 21 de febreiro de 2022 (DOG do 4 de marzo) constituirá causa determinante de revogación da axuda e do seu reintegro polas persoas beneficiarias ou solicitantes, segundo o disposto no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Terceiro. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2022
O conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
P.D. (Orde do 9.2.2021)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación,
Formación Profesional e Universidades
ANEXO I
Proposta de concesións
Apelidos |
Nome |
Centro educativo |
Contía |
Álvarez Álvarez |
Lara |
Escola Superior de Arte Dramática de Galicia |
495 € |
Anido Fanego |
Elena |
Conservatorio Superior de Música da Coruña |
1.485 € |
Aragunde Canabal |
Belén |
Conservatorio Superior de Música de Vigo |
1.320 € |
Avedaño García |
Guillermo |
Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso |
660 € |
Bugallo Fariñas |
Andrea Dora |
Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso |
660 € |
Cabezas Rodríguez |
Lucía |
Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo |
825 € |
Cagiao Mouco |
Andrea |
Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso |
825 € |
Candamo García |
María |
Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo |
825 € |
Cándido Carrasco |
Beatriz |
Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde |
825 € |
Castañón García-Boente |
Luis |
Conservatorio Superior de Música da Coruña |
1.485 € |
Castro González |
Candela |
Escola Superior de Conservación e RBC de Galicia |
825 € |
Coello Sánchez |
Sara |
Conservatorio Superior de Música de Vigo |
1.755 € |
Conti Sánchez |
David |
Conservatorio Superior de Música da Coruña |
1.125 € |
Costas Roura |
Blanca |
Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo |
825 € |
De la Iglesia Puente |
Alejandro |
Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso |
660 € |
Diz Novoa |
Marta |
Conservatorio Superior de Música de Vigo |
1.125 € |
Do Olmo Forneiro |
Paula |
Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde |
1.160 € |
Espiñeira Fernández |
Claudia |
Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo |
825 € |
Fariñas Rodríguez |
María |
Escola Superior de Arte Dramática de Galicia |
1.095 € |
Fernández Borrallo |
Lucía |
Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo |
825 € |
Fernández Pintor |
Ángel |
Conservatorio Superior de Música da Coruña |
1.485 € |
Gil González |
María |
Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde |
825 € |
González Sánchez-Moliní |
Carlota |
Conservatorio Superior de Música de Vigo |
1.985 € |
Guntín Barreiro |
Lucía |
Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso |
825 € |
Hernández Méndez |
Hilario José |
Conservatorio Superior de Música da Coruña |
825 € |
Jáudenes López |
Eva |
Escola Superior de Arte Dramática de Galicia |
1.125 € |
Liméns Poutas |
Sara |
Escola Superior de Conservación e RBC de Galicia |
330 € |
Louro Rama |
Yanira |
Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo |
825 € |
Medina Álvarez |
Luana Ederly |
Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo |
825 € |
Méndez Rodríguez |
Gonzalo |
Conservatorio Superior de Música de Vigo |
1.485 € |
Mirón Chaos |
Borja |
Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón |
660 € |
Oro Vence |
Miguel |
Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde |
625 € |
Outumuro Rodríguez |
Inés |
Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo |
1.325 € |
Paz Chao |
Lucía |
Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo |
825 € |
Ramos Hidalgo |
Iria |
Conservatorio Superior de Música de Vigo |
825 € |
Requeijo de la Rosa |
Julia |
Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo |
825 € |
Resch Pérez |
Mencía |
Conservatorio Superior de Música da Coruña |
825 € |
Rodríguez Pagán |
Lúa |
Escola Superior de Arte Dramática de Galicia |
375 € |
Rodríguez Rodríguez |
Julia |
Conservatorio Superior de Música de Vigo |
825 € |
Salvado Fernández |
Ana |
Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo |
825 € |
Santos Acuña |
Inés |
Escola Superior de Arte Dramática de Galicia |
495 € |
Seoane García |
Eimy |
Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo |
825 € |
Villarroel Rodríguez |
Paula |
Escola Superior de Arte Dramática de Galicia |
585 € |
Total |
40.000 € |
Solicitudes excluídas:
Con base no establecido no artigo 3.1.a) da Orde do 21 de febreiro de 2022.
– Alonso Méndez, Inés.
– Castro Guerrini, Juan Nicolás.
– Castro Menéndez, Alicia.
– Rejo González, Marta.
– Rodríguez-Corredoyra Bouza, Ana.
– Romero Pereira, Paula.