Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo os requirimentos de documentación acordado pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta ao non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
O texto íntegro dos requirimentos que se notifican, xunto co resto da documentación dos expedientes, está á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica en Pontevedra (avenida María Victoria Moreno, 9º, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres).
O requirimento suspende o prazo para ditar a resolución sobre o dereito á asistencia xurídica gratuíta polo tempo que medie entre aquel e o seu efectivo cumprimento por parte da persoa destinataria ou, de non o cumprir, polo transcurso do prazo recollido no requirimento para cumprilo.
O prazo de que dispoñen as persoas solicitantes do dereito para achegaren a documentación requirida é de dez (10) días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a Comisión ditará resolución que poderá ser de denegación do recoñecemento do dereito por non xustificar o solicitante, como é a súa obriga, que reúne os requisitos previstos na lei.
Pontevedra, 27 de xuño de 2022
Ramón Pereiro Santín
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente |
DNI/NIE/Pasaporte |
PR204A 2022/2858-4 |
35477457A |
PR204A 2022/3546-4 |
35452597Y |
PR204A 2022/3568-4 |
X1261241J |
PR204A 2022/3701-4 |
52496448Y |
PR204A 2022/3736-4 |
53118823R |
PR204A 2022/3737-4 |
36164637N |
PR204A 2022/3914-4 |
34876076A |