Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Mércores, 13 de xullo de 2022 Páx. 39896

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 27 de xuño de 2022, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifican as resolucións ditadas no expediente sancionador en materia de transportes terrestres LU-01750-O-2021 e oito máis.

A persoa titular da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte ditou a resolución dos expedientes sancionadores número LU-01750-O-2021 e oito máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmase de que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na praza de Europa, 5A, 2º, en Santiago de Compostela.

Comunícaselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o director xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, as persoas interesadas deberán aboar a multa imposta, empregando o modelo impreso que se facilitará na Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o previsto na normativa vixente.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2022

Marta Vázquez Sanjurjo
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF

Persoa sancionada

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto
cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

LU-01750-O-2021

7642-KMP

3328807D

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

1.6.2021, 10.58.00, N-634, 657,7

Art. 141.25 en relación co 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra f) LOTT

801 euros

PO-00438-O-2021

1918-HCF

X-9782642-Y

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

23.9.2020, 18.31.00, EP-2604, 0,8

Art. 141.25 en relación co 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra f) LOTT

801 euros

XC-02450-O-2021

1357-KBL

46900407A

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

22.3.2021, 18.00.00, AC550, 67,6

Art. 141.25 en relación co 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra f) LOTT

801 euros

XC-02451-O-2021

1357-KBL

46900407A

Transportar mercadorías perigosas carecendo dos extintores ou de calquera outro medio de extinción de incendios que resulte obrigatorio en función do vehículo ou da carga transportada, ou dispoñer duns cuxa correcta utilización non estea garantida.

22.3.2021, 18.00.00, AC550, 67,6

Art. 141.5.3 LOTT

Art. 198.6.3 ROTT

Art. 143.1 LOTT

Art. 201. f) ROTT

801 euros

XC-02452-O-2021

1357-KBL

46900407A

Transportar mercadorías perigosas sen levar a bordo do vehículo unha carta de porte (ou calquera outra documentación exixible) que cubra todas as mercadorías transportadas, levala sen consignar cales son estas ou levala ilexible.

22.3.2021, 18.00.00, AC550, 67,6

Art. 140.15.8 da LOTT en relación co 141.25 LOTT

Art. 143.1 LOTT

Art. 201.i) ROTT

801 euros

XC-02456-O-2021

8352-JML

46900407A

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

16.3.2021, 11.38.00, AC400, 62,2

Art. 141.25 en relación co 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra f) LOTT

801 euros

XC-02458-O-2021

8352-JML

46900407A

Transportar mercadorías perigosas carecendo dos extintores ou de calquera outro medio de extinción de incendios que resulte obrigatorio en función do vehículo ou da carga transportada, ou dispoñer duns cuxa correcta utilización non estea garantida.

17.3.2021, 14.01.00, AC400, 62,2

Art. 141.5.3 LOTT

Art. 198.6.3 ROTT

Art. 143.1 LOTT

Art. 201. f) ROTT

801 euros

XC-02495-O-2021

5749-JJX

78803345D

A realización de transportes de produtos alimenticios ou mercadorías perecedoiras utilizando un vehículo que careza do certificado de conformidade para o transporte de mercadorías perecedoiras ou telo caducado ou falseado.

1.3.2021, 9.45.00, N-547, 46,5

Art. 141.21 LOTT

Art. 198.25 ROTT

Art. 201.d) ROTT Art. 143.1 LOTT

401 euros

XC-02522-O-2021

8352-JML

46900407A

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

12.3.2021, 12.05.00, AC404 1,0

Art. 141.25 en relación co 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra f) LOTT

801 euros