Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Mércores, 13 de xullo de 2022 Páx. 39717

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

DECRETO 126/2022, do 30 de xuño, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción: senda na AC-524 (concello de Frades), de clave AC/21/133.06, no concello de Frades.

Antecedentes:

Primeiro. En data do 28 de marzo de 2022 publicouse no Diario Oficial de Galicia núm. 60 o anuncio do 15 de marzo de 2022 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción: senda na AC-524 (concello de Frades), de clave AC/21/133.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referido.

Segundo. Tras a análise dos informes e certificados presentados, o 23 de xuño de 2022 aprobouse o expediente de información pública e o proxecto de construción: senda na AC-524 (concello de Frades), de clave AC/21/133.06.

A actuación prevista no proxecto comprende a creación dun itinerario peonil e ciclista pola marxe esquerda da estrada AC-524, entre os puntos quilométricos (pp.qq.) aproximados 7+820 e 8+590, que permita a conexión entre el núcleo rural de Pibideira e os núcleos do Pazo e Sobre dos Campos, conectando coa senda existente na travesía de Abellá. Ademais das obras de pavimentación, levarase a cabo a execución do sistema de drenaxe de augas pluviais e a reposición daqueles servizos afectados pola execución das obras.

A competencia para a execución da expropiación forzosa, no ámbito das estradas non incorporadas á rede do Estado, con itinerarios que se desenvolvan integramente no seu territorio, correspóndelle á Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro do punto dous do artigo 28 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril.

Correspóndelle ao Consello da Xunta de Galicia, como órgano equivalente ao Consello de Ministros, no ámbito da Administración Autonómica, o recoñecemento concreto da utilidade pública e a declaración da urxente ocupación dos bens afectados pola expropiación a que dá lugar a realización da obra, segundo o previsto nos artigos 10 e 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

Na súa virtude, por proposta da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trinta de xuño de dous mil vinte e dous,

DISPOÑO:

Artigo único.

Declarar, en concreto, a utilidade pública e a necesidade de urxente ocupación para os efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos que se concretan no expediente administrativo instruído, así como en calquera das modificacións que sexa necesario realizar para a execución do proxecto de construción: senda na AC-524 (concello de Frades), de clave AC/21/133.06.

Santiago de Compostela, trinta de xuño de dous mil vinte e dous

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade