Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Mércores, 13 de xullo de 2022 Páx. 39871

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 29 de xuño de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se lles notifican aos interesados as autorizacións administrativas previa e de construción así como a declaración, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, de instalacións eléctricas no concello de San Cibrao das Viñas (expediente IN407A 2021/147-3).

Mediante a Resolución do 16 de xuño de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, foron concedidas as autorizacións administrativas previa e de construción e declaráronse, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, unhas instalacións eléctricas no concello de San Cibrao das Viñas (expediente IN407A 2021/147-3).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse a Marina Álvarez Abraldes, titular do predio número 1 e aos titulares descoñecidos do predio número 4, dos afectados, para seren notificados por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma.

Los interesados, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación de Ourense, na rúa Curros Enríquez, nº 1, 3º (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 29 de xuño de 2022

O xefe territorial de Ourense
P.S.L. (Decreto 230/2020, artigo 36.3)
José Rodríguez Paz
Xefe do Servizo de Enerxía e Minas