Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Mércores, 13 de xullo de 2022 Páx. 39867

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 29 de xuño de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se lles notifican aos interesados as afeccións por construción dunha instalación eléctrica prevista no concello de Xunqueira de Espadanedo (expediente IN407A 2022/81-3).

Mediante o Acordo do 6 de xuño de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, foi sometida a información pública a solicitude das autorizacións administrativas previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Xunqueira de Espadanedo (expediente IN407A 2022/81-3), a cal foi publicada no DOG do 28 de xuño, realizando ao mesmo tempo a notificación aos particulares afectados.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse aos titulares do predio que no anexo se relacionan para seren notificados por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma.

Os interesados, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de dez (10)días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación de Ourense, na rúa Curros Enríquez, nº 1, 3º (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 29 de xuño de 2022

O xefe territorial de Ourense
P.S.L. (Decreto 230/2020, artigo 36.3)
José Rodríguez Paz
Xefe do Servizo de Enerxía e Minas

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Núm. de expediente: IN407A 2022/81-3.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: regulamentación da LMTA REG804 en tramo entre os apoios núm. 99 e núm. 105.

Termo municipal: Xunqueira de Espadanedo.

Predio núm. en proxecto: 1.

Lugar: Pena da Malla.

Cultivo: monte baixo.

Titular: CMVMC Barrio, Xunqueira Espadanedo e Obellariza.

Afeccións: apoios números 100, 101 e 102, cunha superficie de ocupación de 6 m2.