Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Xoves, 14 de xullo de 2022 Páx. 40063

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Fene

ANUNCIO da convocatoria e bases específicas do proceso selectivo para a cobertura de tres vacantes de auxiliar administrativo/a incluídas nas OEP de 2017, 2018 e 2019.

No Boletín Oficial da Provincia da Coruña número 110, do 10 de xuño de 2022, publicáronse as bases que rexerán a convocatoria para prover tres prazas vacantes de auxiliar administrativo/a, encadradas na escala de Administración xeral, subescala auxiliar, por oposición libre.

A presentación das solicitudes de participación realizarase no prazo de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Fene, 13 de xuño de 2022

Juventino José Trigo Rey
Alcalde