Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Venres, 15 de xullo de 2022 Páx. 40272

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilanova de Arousa

ANUNCIO da oferta de emprego público 2022.

A Xunta de Goberno Local, en sesión do 23 de xuño de 2022, adoptou o seguinte acordo que se publica no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no Diario Oficial de Galicia e na sede electrónica do concello dentro da epígrafe Oferta pública de emprego.

Primeiro. Aprobar a oferta de emprego público do Concello de Vilanova de Arousa correspondente ao ano 2022 nos termos reflectidos no anexo do presente acordo.

Segundo. A publicación das convocatoria dos procesos selectivos incluídos nesta oferta de emprego público deberá realizarse no prazo improrrogable de tres anos, contados desde a data da publicación da presente oferta de emprego público, nos termos previstos no artigo 20.Dous.b) da Lei 22/2021, do 28 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2022, e nos artigo 70.1 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público, e 48.4 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

Terceiro. Quedan excluídas das ofertas públicas de emprego do concello correspondentes aos anos 2018 e 2019, aprobadas pola Xunta de Goberno Local o 18 de outubro de 2019 e o 5 de decembro de 2019, as prazas incluídas nelas que non foron obxecto de convocatoria pública e que se inclúen nesta oferta.

Vilanova de Arousa, 23 de xuño de 2022

Gonzalo Durán Hermida
Alcalde

ANEXO

Persoal funcionario

Denominación do posto de traballo: arquitecto/a.

Número de postos: 1.

Subgrupo: A1.

Escala/subescala: Administración especial. Subescala técnica. Técnico/a superior.

Tipo de provisión: concurso-oposición.

Denominación do posto de traballo: técnico/a de Administración xeral.

Número de postos: 1.

Subgrupo: A1.

Escala/subescala: Administración xeral. Subescala técnica.

Tipo de provisión: concurso-oposición.

Denominación do posto de traballo: asistente/a social.

Número de postos: 1.

Subgrupo: A2.

Escala/subescala: Administración especial. Subescala técnica.

Tipo de provisión: concurso-oposición.

Denominación do posto de traballo: auxiliar administrativo/a.

Número de postos: 1.

Subgrupo: C2.

Escala/subescala: Administración xeral. Subescala auxiliar.

Tipo de provisión: concurso-oposición.

Persoal laboral

a) A tempo completo.

Denominación do posto de traballo: conserxe-limpador/a de colexio público (CEIP).

Número de postos: 1.

Subgrupo: disposición adicional 7ª da Lei do Estatuto básico do empregado público.

Categoría profesional: conserxe-limpador/a de colexio público (CEIP).

Tipo de provisión: concurso-oposición.

Denominación do posto de traballo: limpador/a.

Número de postos: 1.

Subgrupo: disposición adicional 7ª da Lei do Estatuto básico do empregado público.

Categoría profesional: limpador/a.

Tipo de provisión: concurso-oposición.