Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Venres, 15 de xullo de 2022 Páx. 40202

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 16 de xuño de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico-PIA) do proxecto de liña de alta tensión LAT 220 kV Gato-Mesón e subestación colectora Mesón 220/132 kV (expediente IN408A 2020/145).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2001, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:

Solicitante/promotora: Greenalia Wind Power Gato, S.L.U. (CIF: B-70567045).

Domicilio social: praza de María Pita, nº 10, 1º, 15001 A Coruña.

Denominación do proxecto: LAT 220 kV Gato-Mesón e subestación colectora Mesón 220/132 kV (expediente IN408A 2020/145).

Concellos afectados: Oza-Cesuras, Abegondo, Carral e Ordes (A Coruña).

Orzamento de execución material: 21.072.079,54 €.

Prazo de execución: oito (8) meses.

Obxecto:

Co fin de evacuar a enerxía eléctrica xerada polos parques eólicos que a seguir se enumeran, todos eles en tramitación e promovidos polo grupo Greenalia, deséñanse a liña eléctrica de alta tensión (LAT) 220 kV Gato-Mesón e a subestación eléctrica colectora (SEC) Mesón 220/132 kV:

• Parque eólico (en diante, PE) Pena Ombra (45 MW, nº expediente IN408A 2017/40).

• PE Gato (25,2 MW, nº expediente IN408A 2017/04).

• PE Felga (21 MW, nº expediente IN408A 2017/19).

• PE Monte do Cordal (12,6 MW, nº expediente IN408A 2018/33).

• PE Friol (21 MW, nº expediente LU-11/147-EOL).

• PE Pena da Cabra (25,2 MW, nº expediente IN408A 2020/33).

• PE Penas Boas (16,8 MW, nº expediente IN408A 2018/35).

A dita subestación (SEC Mesón 220/132 kV) conectarase tamén á LAT 132 kV SET PE Gasalla-SET colectora Mesón 132/220 kV (obxecto doutro proxecto independente en estado de tramitación), que recollerá a potencia de catro parques en tramitación, desenvolvidos por Green Capital Power, S.L., cunha potencia total de 114 MW. Por este motivo, proxectouse unha plataforma que permita a ampliación da subestación para a futura conexión da dita LAT 132 kV SET PE Gasalla-SET colectora Mesón 132/220 kV e, ademais, deixarase espazo libre adicional por se for preciso no futuro instalar unha posición adicional para conexión de nova xeración.

En concreto, algúns dos promotores que empregarán a subestación proxectada son:

• Green Capital Power: PE Monte Inxeiro (38,115 MW, expediente IN408A 2017/25), PE Gasalla (24,255 MW, expediente IN408A 2017/26), PE Abrente (27,60 MW, expediente IN408A 2018/25), PE Legre (37,95 MW, expediente IN408A 2020/97) e PE Solpor (24,00 MW, expediente IN408A 2018/26).

• Adelanta Corporación: PE Braña Ancha (22,4 MW, expediente IN408A 2020/21) e Coto Loureiro (50 MW, expediente IN408A 2018/37).

• Eólica Galenova: PE Pedrarrubia (26 MW, expediente IN661A 1/06).

• Parques eólicos de sociedades relacionadas con Greenalia Wind Power.

Deste xeito, a SEC Mesón recollerá a potencia de diversos parques eólicos de diferentes promotores que obtiveron permiso de acceso á rede de transporte na subestación Mesón do Vento 220 kV (propiedade de REE).

A SEC Mesón 220/132 kV conectarase mediante un tramo de entrada/saída á liña eléctrica LAT 220 kV Campelo-Mesón (obxecto doutro proxecto independente, con nº de expediente IN408A 2018/14 e actualmente en tramitación).

Características técnicas da instalación:

• A LAT obxecto da presente tramitación componse de seis tramos, numerados do I ao VI. Ao ser a vontade do promotor cumprir coas directrices da paisaxe creando corredores eléctricos, coordinouse a planificación e a execución da presente liña coa da LAT 220 kV evacuación PPEE Fontella, Feás e Seselle, nó Abegondo (expediente IN408A 2021/24, actualmente en tramitación), do promotor Galenergy, e propúxose unha solución conxunta en que ambos os promotores comparten os tramos II, III e IV do trazado da LAT obxecto deste proxecto.

• Os tramos da LAT 220 kV Gato-Mesón son os seguintes:

◦ Tramo I: liña aérea de alta tensión (LAAT) 220 kV en simple circuíto (condutor A-545 SIMPLEX), con orixe no pórtico metálico situado no interior da SET do PE Gato e final no apoio nº 2, cunha lonxitude aproximada de 161,06 m, que discorre polo termo municipal (T.M.) de Oza-Cesuras.

◦ Tramo II: LAAT 220 kV en simple circuíto (A-545 SIMPLEX), con orixe no apoio nº 2 e final no apoio de paso aero-subterráneo (PAS) nº 19, cunha lonxitude aproximada de 5.172 m, que discorre polo T.M. de Oza-Cesuras. Neste tramo, os apoios serán de dobre circuíto: o circuíto SIMPLEX da liña obxecto do actual proxecto e outro circuíto A-545 DUPLEX pertencente á LAT 220 kV evacuación PPEE Fontella, Feás e Seselle, nó Abegondo.

◦ Tramo III: liña subterránea de alta tensión (LSAT) 220 kV, con orixe no apoio PAS nº 19 e final no apoio PAS nº 20, cunha lonxitude aproximada de 1.239 m, que discorre polo T.M. de Oza-Cesuras. Estará composto por un simple circuíto SIMPLEX de condutor RHZ1-RA+2OL(AS) 127/220 kV 1x1.200 mm² Al+T375 Al, en gabia, baixo tubo formigonado, que compartirá canalización cun simple circuíto DÚPLEX de condutor RHZ1-RA+2OL(AS) 127/220 kV 1x2.500 mm² Al+T375 Al pertencente á LAT 220 kV evacuación PPEE Fontella, Feás e Seselle, nó Abegondo.

◦ Tramo IV: LAAT 220 kV en simple circuíto (A-545 SIMPLEX), con orixe no apoio PAS nº 20 e final no apoio nº 31, cunha lonxitude aproximada de 3.472 m, que discorre polo T.M. de Oza-Cesuras. Neste tramo os apoios serán de dobre circuíto: o circuíto SIMPLEX da liña obxecto do actual proxecto e outro circuíto A-545 DUPLEX pertencente á LAT 220 kV evacuación PPEE Fontella, Feás e Seselle, nó Abegondo.

◦ Tramo V: LAAT 220 kV en simple circuíto (A-545 SIMPLEX), con orixe no apoio nº 31 (T.M. de Oza-Cesuras) e final no apoio PAS nº 78 (T.M. de Abegondo), cunha lonxitude aproximada de 12.342 m.

◦ Tramo VI: LSAT 220 kV, con orixe no apoio PAS nº 78 (T.M. de Abegondo) e final na SEC Mesón 220/132 kV (T.M. de Ordes). Estará composto por un simple circuíto SIMPLEX de condutor RHZ1-RA+2OL(AS) 127/220 kV 1x1.200 mm² Al+T375 Al, en gabia, baixo tubo formigonado. Discorre polos termos municipais de Abegondo, Carral e Ordes e ten unha lonxitude aproximada de 3.160 m, dos cales 1.017,91 m transcorrerán pola canalización prevista no proxecto LAT 220 kV Campelo-Mesón, na cal será necesario realizar unha adecuación.

• En toda a liña aérea instalarase cable de fibra óptica OPGW-48 para a protección e as comunicacións, mentres que nas liñas subterráneas se disporá de cable de fibra óptica de tipo monomodo.

• A liña ten unha lonxitude total aproximada de 25.546,06 m, que se reparten entre 21.147,06 m aéreos e 4.399 m subterráneos.

• O tendido aéreo realizarase sobre apoios metálicos de celosía, e o número de apoios proxectados será 78.

• A nova SEC Mesón 220/132 kV, situada nas coordenadas UTM fuso 29 ETRS89: X=551444.8455, Y= 4778699.4311, será de tipo convencional e contará:

◦ Cun (1) transformador de potencia 220/132 kV de 120 MVA.

◦ Cun (1) edificio principal de control, cunha superficie de 218,25 m².

◦ Cun (1) edificio de residuos, cunha superficie de 30 m².

◦ Coas seguintes posicións:

▪ Unha (1) posición de entrada de liña aérea 220 kV desde a subestación de Campelo.

▪ Unha (1) posición de entrada de liña subterránea 220 kV, desde a SET PE Gato.

▪ Unha (1) posición de barras colectoras de 220 kV.

▪ Unha (1) posición de liña 220 kV con saída aérea cara á subestación Mesón do Vento 220 kV (REE).

◦ Na instalación queda previsto espazo para unha serie de posicións de reserva para posibles futuras ampliacións da subestación. Estas son:

▪ Dúas (2) posicións de liña do sistema de 220 kV.

▪ Dúas (2) posicións de transformador.

▪ Dúas (2) posicións de liña do sistema de 132 kV.

• O tramo de entrada/saída que conectará a SEC Mesón 220/132 kV coa LAT 220 kV Campelo-Mesón consiste nunha LAAT para a entrada, que constará dun simple circuíto de condutor A-455 DUPLEX de 39,99 m de lonxitude, e unha LAAT para a saída, que constará dun simple circuíto de condutor A-455 TRIPLEX de 43,23 m de lonxitude. Ambos dispoñerán dun cable de fibra óptica do tipo OPGW-48 e dun cable de comunicacións CDS-1214 (ADSS).

• Para realizar a mencionada conexión será necesario intercalar o apoio nº 106 bis entre os apoios 106 e 107 da LAT 220 kV Campelo-Mesón, desde o que se realizará o tendido dos vans destensados ata os pórticos de entrada e saída da SEC Mesón, actuación que non se recolle no presente proxecto.

• Nin a SET do PE Gato nin as liñas LAT 220 kV evacuación PPEE Fontella, Feás e Seselle, nó Abegondo, LAT 132 kV SET PE Gasalla-SET colectora Mesón 132/220 kV e LAT 220 kV Campelo-Mesón, nin o apoio 106 bis desta última son obxecto de tramitación deste proxecto.

Obxecto da información pública:

A solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto de interese autonómico (PIA) das instalacións.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución (visado 6.5.2022).

1.1. Plano xeral do proxecto do parque eólico.

2. O estudo de impacto ambiental (EIA) (xaneiro 2022-asinado 25.1.2022).

3. O proxecto sectorial (decembro 2021-asinado 4.2.2022).

O que se fai público, de conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, para o coñecemento xeral, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia (DOG).

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Coruña da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña, teléfonos 981 18 49 83 e 981 18 49 17), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, así como nas casas dos concellos de Oza-Cesuras, Abegondo, Carral e Ordes (A Coruña). Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación a través da seguinte ligazón:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 2 de setembro de 2021, acordou declarar iniciativa empresarial prioritaria o parque eólico Friol e as súas infraestruturas de evacuación, ao abeiro do establecido nos artigos 42 e 43 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento de implantación de iniciativas empresariais en Galicia, modificada pola Lei 3/2018, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, polo que a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais resolveu, o 28 de setembro de 2021, declarar a tramitación de urxencia do procedemento administrativo correspondente á LAT 2.020 kV PE Gato-SEC 220/132 kV Mesón+SEC 220/132 Mesón (expediente IN408A 2020/145), de acordo co establecido no artigo 44.2 da dita Lei 5/2017 e no artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, o que supón a redución á metade dos prazos establecidos para o procedemento ordinario, salvo os relativos á presentación de solicitudes e recursos.

A Coruña, 16 de xuño de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña