Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Luns, 18 de xullo de 2022 Páx. 40373

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 2022 pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para ingresar como persoal laboral fixo do grupo I na categoría de técnico/a superior de normalización lingüística polo sistema de promoción interna e de acceso libre.

De acordo coa base cuarta da Resolución reitoral do 1 de decembro de 2021 (DOG do 15 de decembro) mediante a que se convocou un proceso selectivo para ingresar como persoal laboral fixo do grupo I na categoría de técnico/a superior de normalización lingüística polo sistema de promoción interna e de acceso libre, esta reitoría, en uso das competencias atribuídas pola Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e polos estatutos da Universidade de Vigo,

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas no devandito proceso de selección, e ordenar a súa publicación no taboleiro electrónico da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-index.xhtml) e no seguinte enderezo: https://www.uvigo.gal/universidade/administracion-persoal/pas/traballar-uvigo

Segundo. Consonte a base cuarta da convocatoria, as persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para poderen emendar o defecto que motivou a exclusión ou a omisión. Quen dentro do prazo sinalado non emende a exclusión ou alegue a omisión, xustificando o dereito a ser incluído/a na relación de persoas admitidas, será definitivamente excluído/a do proceso selectivo.

Terceiro. Publicar a composición do tribunal cualificador que terá a categoría primeira das recollidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño).

• Tribunal titular:

Presidencia: Manuel Carlos Núñez Singala, técnico superior de normalización lingüística da Universidade de Santiago de Compostela.

Vogais:

– Marta Patricia Souto González, técnica de normalización lingüística, subgrupo A1, do Concello de Vigo.

– Ana María Iglesias Álvarez, profesora contratada doutora da Universidade de Vigo.

– Alfonso Caride Losada, técnico superior de actividades culturais da Universidade de Vigo.

Secretaría: Maria Sol Ríos Noya, escala técnica superior, subescala normalización lingüística, da Universidade da Coruña.

• Tribunal suplente:

Presidencia: Xosé Henrique Costas González, catedrático de universidade da Universidade de Vigo.

Vogais:

– Paula Souto Viñas, técnica de normalización lingüística do Concello de Moaña.

– Benigno Fernández Salgado, profesor titular de universidade da Universidade de Vigo.

– Xabier Rial Boubeta, técnico superior de actividades deportivas da Universidade de Vigo.

Secretaría: Iolanda Gloria Galanes Santos, profesora titular de universidade da Universidade de Vigo.

Vigo, 6 de xullo de 2022

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo