Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Luns, 18 de xullo de 2022 Páx. 40387

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 7 de xullo de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico) (PIA) do proxecto do parque eólico O Vao, nos concellos de Outes e Mazaricos (A Coruña) (expediente IN408A 2020/028).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a continuación:

Solicitante/promotora: Green Capital Development XXIV, S.L.U. CIF: B88472741.

Domicilio social: Torre Serrano, rúa Marqués de Villamagna, 3, andar 5º, 28001 Madrid.

Enderezo para os efectos de notificacións: rúa Fernando de Casas Novoa, 35, bloque B, andar 2º, porta B, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña-España).

Denominación do proxecto: parque eólico O Vao (número de expediente: IN408A 2020/028).

Concellos afectados: Outes e Mazaricos na provincia da Coruña.

Potencia máxima do parque: 31,5 MW.

Número de aeroxeradores que se van instalar: 7 × 4,5 MW.

Produción neta: 82.938 MWh/ano.

Orzamento total (execución material): 22.692.272,89 €.

Prazo de execución: doce (12) meses.

Localización (área de afección):

Parque eólico O Vao

ADE

II-7-1 Outes, I-7-9 Norte Pedregal, I-7-8 NL Pedregal

Vértice

poligonal

Parque eólico O Vao

UTM ETRS 89 fuso 29

UTM-X

UTM-Y

P1

498.082,30

4.748.800

P2

502.700

4.748.800

P3

502.700

4.744.793

P4

498.374,56

4.745.285,41

P5

498.374,55

4.746.749,95

Aeroxerador

Parque eólico O Vao

UTM ETRS 89 fuso 29

UTM-X

UTM-Y

VA-01

500.370

4.748.112

VA-02

498.523

4.747.128

VA-03

500.934

4.747.330

VA-04

500.889

4.746.047

VA-05

500.889

4.746.712

VA-06

498.576

4.746.401

VA-07

498.843

4.746.057

Torre

meteorolóxica

Parque eólico O Vao

UTM ETRS 89 fuso 29

UTM-X

UTM-Y

VA-TP

500.949,10

4.745.736,56

Centro de

seccionamento

Parque eólico O Vao

UTM ETRS 89 fuso 29

UTM-X

UTM-Y

CS

501.775

4.746.163

Características técnicas das instalacións:

– 7 aeroxeradores modelo SG145 HH127,5 ou similar, de 4,5 MW de potencia unitaria, cunha altura de buxa de 127,5 m e un diámetro de rotor de 145 m.

– 7 centros de transformación tipo seco, situados un no interior de cada aeroxerador, de potencia unitaria 5.350 kVA e relación de transformación 0,69/30 kV, coas súas correspondentes celas de protección e manobra.

– Rede colectora de 30 kV, de interconexión entre os centros de transformación dos aeroxeradores e o centro de seccionamento 30 kV O Vao, composta por dous circuítos condutores tipo RHZ1-2OL 18/30 kV de seccións 95, 150, 400, 630 mm² de aluminio.

– Rede de terras xeral, de modo que se consiga unha superficie equipotencial en todo o parque, interconectará aeroxeradores e o centro de seccionamento O Vao, con cable de Cu de 50 mm², instalado na mesma gabia que os cables de MT. A conexión de posta á terra da torre meteorolóxica realizarase con cable de Cu de 50 mm², tendido na mesma gabia de distribución que o circuíto de BT.

– Rede de comunicacións constituída por condutor de fibra óptica.

– Torre meteorolóxica de 127,5 m.

– O edificio do centro de seccionamento de 30 kV dispón de salas independentes:

• Sala de protección e control, onde se sitúan proteccións, contadores de medida e armario rectificador de corrente.

• Sala onde se sitúa o transformador de servizos auxiliares 30/0,4 kV para alimentar os servizos propios do centro de seccionamento.

• Sala de celas de MT onde se sitúan as saídas das liñas 1 e 2, as liñas do PE, o transformador de SSAA e a cela de medida.

Os cables illados no nivel de 30 kV serán RHZ1-OL 18/30 kV de sección de 150 mm² de aluminio. A configuración no nivel de 30 kV será de simple barra. Para a montaxe de todos os elementos considéranse estruturas metálicas de dimensións adecuadas.

– A enerxía xerada polo parque eólico do Vao evacuarase a través dunha liña de media tensión subterránea, con orixe en centro de seccionamento do parque e final na sala de celas da subestación do parque eólico de Maragouto (IN408A 2017/21), onde se elevará a tensión de 30 kV a 132 kV. A enerxía xerada polo clúster será transportada mediante a denominada «solución de evacuación conxunta dos parques eólicos Maragouto e Banzas (IN408A 2020/144), consistente nunha LAT 132 kV, con orixe na subestación do parque eólico de Maragouto (IN408A 2017/21), ata a subestación de Banzas, e desta ata a subestación colectora de Lousame 132/220 kV, e desde ela a través dunha LAAT 220 kV conectarase á SET Lousame 220 de Red Eléctrica de España, S.A.U. (IN407A 2009/471/1). Tanto os proxectos de liñas como os dos parques do clúster son obxecto de proxecto independente e atópanse todos eles en fase de tramitación.

– A liña de evacuación subterránea de 30 kV que conecta o centro de seccionamento do parque O Vao coa subestación do parque eólico Maragouto será unha liña de 1.951 m de dobre circuíto, utilizaranse cables de 18/30 kV con condutor de aluminio de 630 mm² e illamento XLPE.

Obxecto da información pública:

A solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto sectorial das instalacións.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución (maio 2022-visado o 19.5.2022).

2. O estudo de impacto ambiental (EIA) (febreiro 2022-asinado o 21.2.2022).

3. O proxecto sectorial (marzo 2022-visado o 22.3.2022).

O que se fai público de conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, para o coñecemento xeral, para que se poida examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo (no DOG ou no xornal).

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Coruña da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (rúa Vicente Ferrer, número 2, 2º andar, 15071 A Coruña, teléfonos 981 18 49 83 e 981 18 49 17), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, así como na casa dos concellos de Outes e Mazaricos (A Coruña). Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación a través da seguinte ligazón:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion

A Coruña, 7 de xullo de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña