Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Martes, 19 de xullo de 2022 Páx. 40700

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Noia

ANUNCIO de aprobación da oferta de emprego público de 2022.

O 22 de xuño de 2022 o alcalde ditou o Decreto nº 1573/2022, que acorda o seguinte:

Primeiro. Aprobar a oferta de emprego público deste concello para o ano 2022, que contén os seguintes postos de traballo:

Persoal funcionario:

Funcionarios de carreira; escala de Administración xeral, subescala subalternos.

Grupo

Clasificación

Número de vacantes

Denominación

Sistema de acceso

A2

Persoal funcionario

2

Arquitecto/a técnico/a

Oposición libre

A1

Persoal funcionario

1

Técnico/a de Administración xeral (ADL)

Oposición libre

C2

Persoal funcionario

1

Auxiliar administrativo/a de biblioteca

Concurso-oposición

Segundo. Publicar a oferta de emprego público no taboleiro de anuncios da Corporación, así como na sede electrónica deste concello e no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Convocar as prazas ofertadas en execución da presente oferta de emprego público dentro do prazo improrrogable de tres anos contados desde a súa data de publicación, debendo acreditarse nese intre a existencia de consignación orzamentaria axeitada e suficiente.

Noia, 22 de xuño de 2022

José Santiago Freire Abeijón
Alcalde