Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Martes, 19 de xullo de 2022 Páx. 40601

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 17 de xuño de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico, PIA) da infraestrutura de evacuación do parque eólico Monteagudo, nos termos municipais de Carballo, A Laracha e Arteixo (expediente IN407A 2008/71-1).

Expediente: IN407A 2008/71-1.

Solicitante: Eólicos Breogán, S.L.U.

Denominación: LAT aéreo-soterrada 66 kV subestación PE Monteagudo-subestación Morás (modificado).

Termos municipais: Carballo, A Laracha e Arteixo.

Características técnicas:

Obxecto: evacuación da produción de enerxía eléctrica xerada polo parque eólico Monteagudo (expediente IN661A 2003/3-1) e o parque eólico Pedra Queimada (expediente IN408A 2020/70).

Liña aéreo-soterrada, a 66 kV simple circuíto simplex, de 13.722 metros de lonxitude total, coa orixe en posición de liña HIS 66 kV da subestación do parque eólico Monteagudo (expediente IN661A 2003/3-1) e remate en cela de liña GIS 66 kV da subestación Morás, de UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2012/47-1), que transcorre polos termos municipais de Carballo, A Laracha e Arteixo, coa seguinte tipoloxía:

– Treito I: soterrado, de 46 metros de lonxitude entre a subestación do parque eólico Monteagudo e o apoio nº 1 (dotado dunha transición soterrado-aérea-PS/A).

– Treito II: aéreo, de 7.042 metros de lonxitude entre o apoio nº 1 (PS/A) e o apoio nº 28 (dotado dunha transición aéreo-soterrada-PA/S).

– Treito III: soterrado, de 839 metros de lonxitude entre o apoio nº 28 (PA/S) e o apoio nº 29 (dotado dunha transición soterrado-aérea-PS/A). Neste treito prevese a construción dunha (1) cámara de empalmes prefabricada para conexión dos cables de potencia e posta a terra das pantallas dos condutores.

– Treito IV: aéreo, de 3.713 metros de lonxitude entre o apoio nº 29 (PS/A) e o apoio nº 45 (dotado dunha transición aéreo-soterrada-PA/S).

– Treito V: soterrado, de 2.082 metros de lonxitude entre o apoio nº 45 (PA/S) e a subestación Morás. Neste treito prevese a construción de tres (3) cámaras de empalmes prefabricadas para conexión dos cables de potencia e posta a terra das pantallas dos condutores.

O condutor empregado nos treitos soterrados será do tipo RHZ1-RA+2OL(S) 36/66 kV 630 Al+H165 e nos treitos aéreos será do tipo 337-AL1/44-ST1A (antigo LA-380 (Gull).

Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro), modificado polo Real decreto lei 23/2020, do 23 de xuño, polo que se aproban medidas en materia de enerxía e en outros ámbitos para a reactivación económica (BOE núm. 175, do 24 de xuño).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro).

– Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia (DOG núm. 8, do 14 de xaneiro).

Obxecto da información pública:

As solicitudes de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción, de declaración de impacto ambiental e de aprobación do proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico, PIA) das instalacións.

Documentación que se expón:

1. Proxecto de execución (proxecto novembro 2021-declaración responsable do técnico proxectista competente do 14 de febreiro de 2022, conforme o anexo XIX do Decreto 51/2011, do 17 de marzo, polo que se actualiza a normativa en materia de seguridade industrial na Comunidade Autónoma de Galicia para a súa adaptación á Directiva 2006/123/CD do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro, relativa aos servizos no mercado interior (DOG núm. 65, do 1 de abril de 2011)).

2. Estudo de impacto ambiental (EIA) (marzo 2022-asinado por Jordi Soláns Oste (director técnico), Victoriano Manuel de la Torre Cancelo (coordinador), Miguel Álvarez Lorenzo (técnico) e Carolina Bernal Juy (técnica) o 10 de marzo de 2022) e documento de síntese.

3. Proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico, PIA) (proxecto novembro 2021-declaración responsable do técnico proxectista competente do 4 de marzo de 2022, conforme o anexo XIX do Decreto 51/2011, do 17 de marzo, polo que se actualiza a normativa en materia de seguridade industrial na Comunidade Autónoma de Galicia para a súa adaptación á Directiva 2006/123/CD do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro, relativa aos servizos no mercado interior (DOG núm. 65, do 1 de abril de 2011).

O proxecto faise público para o coñecemento xeral e para que se poida examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se é o caso, presentar as alegacións ou observacións que se consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia (DOG).

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas seguintes dependencias:

– Concellos de Carballo, A Laracha e Arteixo, na provincia da Coruña.

– Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Coruña da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, 15071 (A Coruña), teléfonos 981 18 49 83 e 981 18 49 17, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación a través da seguinte ligazón:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion

Advírtese que as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica e outros suxeitos identificados no artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, están obrigados a relacionarse por medios electrónicos coas administracións públicas para a realización de calquera trámite dun procedemento administrativo. Deste xeito, as alegacións formuladas por calquera deles neste trámite de información pública deben presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos.

A Coruña, 17 de xuño de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña