Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Mércores, 20 de xullo de 2022 Páx. 40831

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 2022 pola que se inadmiten as solicitudes de recoñecemento extraordinario do grao I do sistema de carreira profesional para o persoal laboral, realizadas fóra de prazo durante os meses de maio e xuño de 2022, e se procede á súa notificación.

Na actualidade o sistema de carreira profesional, recollido na disposición transitoria oitava da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia (DOG núm. 82, do 4 de maio), non ten sido aínda obxecto de desenvolvemento regulamentario.

O sistema de carreira profesional foi aprobado en base a sección quinta da Orde do 15 de xaneiro de 2019 pola que se publica o acordo de concertación do emprego público de Galicia (DOG núm. 19, do 28 de xaneiro). No dito acordo recóllese que no ano 2019 se realizaría un recoñecemento extraordinario do grao I da carreira profesional.

Mediante a Orde da Consellería de Facenda do 28 de marzo de 2019 publicouse o acordo entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais: CC.OO. e UGT para a implantación do réxime extraordinario de acceso ao grao I do sistema de carreira profesional do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e do persoal laboral fixo do V Convenio Colectivo Único para o persoal laboral da Xunta de Galicia (DOG núm. 62, do 29 de marzo).

O prazo para solicitar o recoñecemento extraordinario era de 4 meses contados desde o día seguinte ao da publicación do acordo, sen que teña realizada ningunha outra convocatoria para o recoñecemento extraordinario do grao I do sistema de carreira profesional.

As solicitudes sinaladas no anexo foron presentadas fóra de prazo.

En vista do anterior, a Dirección Xeral de Función Pública

RESOLVE:

Inadmitir as solicitudes sinaladas no anexo a esta resolución, presentadas nos meses de maio e xuño do ano 2022, para acceder ao grao extraordinario I do sistema de carreira profesional, por estar presentada fóra do prazo establecido, e proceder á súa notificación.

De conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo desta resolución a inadmisión da súa solicitude de recoñecemento extraordinario do grao I do sistema de carreira profesional.

Contra esta resolución, que pon fin a vía administrativa, poderá interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte á súa notificación, de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo de acordo co establecido nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, consonte o disposto no artigo 46.1 da citada norma legal.

Santiago de Compostela, 6 de xullo do 2022

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO I

NIF

Apelidos

Nome

Data solicitude

***3136**

Tella Teijeiro

Tito

30.6.2022

***7428**

Vidal Castro

María Lourdes

30.6.2022

***7829**

González Méndez

María Isabel

29.6.2022

***3946**

Lozano Corral

Eva

28.6.2022

***6513**

Rivera Campo

Manuel

23.6.2022

***5175**

Buide Carballosa

Isabel

22.6.2022

***2022**

Abad Vilela

Jose Luis

21.6.2022

***9143**

Candal López

Josefina

17.6.2022

***7249**

López Vázquez

Esther Nuria

17.6.2022

***2264**

Vilela Sánchez

Silvia

13.6.2022

***1282**

Argiz Pérez

Carmen María

10.6.2022

***5003**

Castro Rivera

Julia

9.6.2022

***1648**

Díaz Valcarce

Inés

9.6.2022

***5257**

Lage Jurjo

Carmen

9.6.2022

***1352**

Fernández Conde

Lisardo

8.6.2022

***6641**

Rodríguez Dopico

Adriana María

6.6.2022

***5123**

Rodríguez Rodríguez

Belén

2.6.2022

***4890**

Corton Rico

Encarnación

2.6.2022

***2029**

Estoa Gómez

María Luisa

2.6.2022

***5463**

Fernández Cortiñas

María José

1.6.2022

***6796**

García Domínguez

Cristina

27.5.2022

***4162**

López Díaz

Marta María

24.5.2022

***6388**

Freire García

María Patricia

23.5.2022

***2672**

Somoza López

Rubén

23.5.2022

***5319**

Sánchez Palmon

Montserrat

20.5.2022

***0705**

Fraga Calvo

Francisco

12.5.2022

***5041**

Rodríguez Losada

Dolores

2.5.2022

***5494**

Cortiñas Barrosa

María Jesús

2.5.2022

***5311**

Rodríguez Gómez

Asunción

2.5.2022

***8373**

García Vaamonde

Pilar

3.5.2022

***8310**

López Leirado

María Isabel

3.5.2022

***1462**

Hermida Carballeira

Mónica

3.5.2022

***6589**

López López

Tamara

3.5.2022