Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Mércores, 20 de xullo de 2022 Páx. 40848

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Teo

ANUNCIO de convocatoria de bolsa de emprego para a contratación temporal de telefonista.

A Resolución da Alcaldía número 802/2022, do 20 de xuño, aprobou a convocatoria e as bases específicas do proceso selectivo para a constitución e funcionamento dunha bolsa de emprego para a contratación con carácter temporal de telefonista no Concello de Teo.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 121, do 28 de xuño de 2022, publicáronse integramente as bases da convocatoria.

Os sucesivos anuncios relativos ao desenvolvemento do proceso selectivo efectuaranse no taboleiro de anuncios da corporación, na páxina web municipal e no portal de transparencia do Concello de Teo: www.teo.gal

Teo, 28 de xuño de 2022

Rafael C. Sisto Edreira
Alcalde