Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Xoves, 21 de xullo de 2022 Páx. 40954

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de seguridade e saúde no traballo, especialidades de seguridade no traballo e de hixiene industrial, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 44, do 4 de marzo), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 12 de xullo de 2022, o tribunal nomeado pola Resolución do 11 de abril de 2022 (DOG núm. 73, do 18 de abril), modificada pola Resolución do 10 de maio de 2022 (DOG núm. 94, do 16 de maio), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de seguridade e saúde no traballo, especialidades de seguridade no traballo e de hixiene industrial, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019 (DOG núm. 44, do 4 de marzo), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6. da convocatoria, que o segundo exercicio da oposición terá lugar o 28 de xullo de 2022, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), no polígono das Fontiñas, na rúa de Madrid, 2-4, Santiago de Compostela, nas seguintes aulas:

– Aulas 2 e 11: especialidade de seguridade no traballo.

– Aula 7: especialidade de hixiene industrial.

Os/as aspirantes deberán ir provistos de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2022

Ángel López Álvarez
Presidente do tribunal