Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 26 de xullo de 2022 Páx. 41297

III. Outras disposicións

Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2022 pola que se acorda a ampliación de prazo para a presentación de solicitudes no procedemento regulado na Resolución do 9 de maio de 2022 pola que se aproban e se publican as bases reguladoras da III edición dos Premios de innovación en saúde no Sistema público de saúde de Galicia 2022 e se procede á súa convocatoria (código de procedemento SA304A).

O día 27 de maio publicouse no DOG núm. 101 a Resolución do 9 de maio de 2022 pola que se aproban e se publican as bases reguladoras da III edición dos Premios de innovación en saúde no Sistema Público de Saúde de Galicia 2022 e se procede á súa convocatoria (código de procedemento SA304A). O prazo para a presentación de solicitudes é de dous meses contado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia e este remata o 27 de xullo de 2022.

As candidaturas proveñen, por unha banda, na modalidade de profesionais de persoal ao servizo do Sistema Público de Saúde de Galicia que desenvolva unha idea innovadora no Sistema sanitario galego. Os outros potenciais participantes neste procedemento na modalidade de pacientes, son persoas físicas (pacientes, coidadores, etc), organizacións ou asociacións de pacientes sen ánimo de lucro.

A crise da COVID-19 repercutiu no desenvolvemento da actividade asistencial e obrigou á reestruturación organizativa, imposibilitando o desfrute das vacacións do persoal sanitario nos momentos de maior presión asistencial.

Tendo en conta a data de remate do prazo de presentación de candidaturas, a singularidade dos premios e as persoas e entidades a que van dirixidos, entre elas persoal do Sistema Público de Saúde de Galicia, resulta aconsellable, para promover e facilitar a participación nestes premios, ampliar o prazo de presentación de solicitudes establecido na convocatoria.

Polo exposto,

RESOLVO:

1. Modificar o prazo de presentación de solicitudes ata o día 16 de setembro de 2022, polo que resulta ampliado o prazo regulado no artigo 19 da citada resolución.

2. Esta modificación, unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia, non implicará apertura dun novo prazo para presentar novas solicitudes.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2022

Julio García Comesaña
Presidente da Axencia Galega para a
Xestión do Coñecemento en Saúde