Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 26 de xullo de 2022 Páx. 41398

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Vigo

ANUNCIO de convocatoria de praza de persoal laboral fixo correspondente á oferta de emprego público de 2021.

A Autoridade Portuaria de Vigo, ao abeiro do establecido no Real decreto 636/2021, do 27 de xullo, polo que se aproba a oferta de emprego público para 2021, realiza convocatoria para cubrir unha praza de persoal laboral fixo suxeito a convenio colectivo, mediante contrato de remuda indefinido a tempo completo, polo procedemento de concurso-oposición:

1 praza de responsable de seguridade (GII BI N8).

As bases da convocatoria e os impresos de solicitude están dispoñibles na páxina web da Autoridade Portuaria de Vigo www.apvigo.es, na páxina web do O.P. Portos do Estado www.puertos.es e na páxina www.administracion.gob.es

Os/as aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG) para a presentación de solicitudes.

Vigo, 15 de xullo de 2022

Jesús Vázquez Almuíña
Presidente