Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 26 de xullo de 2022 Páx. 41301

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2022 pola que se declara inhábil o mes de agosto para o cómputo de prazos dos concursos convocados para a provisión de prazas de persoal docente e investigador non permanente.

O artigo 11 do Regulamento de selección de profesorado non permanente, aprobado polo Acordo do Consello de Goberno do 7 de febreiro de 2020, establece, no seu número 2, que «O mes de agosto será inhábil para a publicación de convocatorias e a reunión das comisións de selección». Por outra banda, o Regulamento de selección de profesorado permanente xa establece, no seu artigo 8, que «O mes de agosto será inhábil para a presentación de solicitudes de participación en procesos selectivos e para a reunión das comisións de selección».

Tendo en conta que a publicación dos últimos concursos para provisión de prazas de persoal docente e investigador non permanente nas categorías de profesor axudante doutor, profesor asociado de Ciencias da Saúde (PACS) e concursos para a xeración de listas de agarda ten lugar a mediados do mes de xullo, considérase oportuno para acadar a maior participación posible que a finalización dos prazos de presentación de solicitudes non finalice no mes de agosto. Deste xeito, procede prorrogar tamén o prazo máximo para a resolución dos concursos.

É por isto que,

Esta reitoría resolve:

Único. Declarar o mes de agosto inhábil para o cómputo de prazos dos concursos convocados para a provisión de prazas de persoal docente e investigador non permanente, incluídos o prazo de presentación de solicitudes e o prazo máximo da súa resolución.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro electrónico da USC.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2022

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela
P.D. (Resolución do 21.4.2022, DOG do 26 de abril)
Ernesto González Seoane
Vicerreitor de Profesorado