Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 26 de xullo de 2022 Páx. 41394

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Estrada

ANUNCIO da convocatoria dunha praza en propiedade de inspector/a da policía (funcionario/a de carreira).

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 116, do 17 de xuño de 2022, foron publicadas integramente as bases que rexerán a convocatoria para a cobertura de unha praza de funcionario/a de carreira, integrada no grupo A, subgrupo A2, escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, categoría de inspector/a da policía local da Estrada, polo sistema de mobilidade.

O prazo de presentación de solicitudes será de (20) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

A Estrada, 4 de xullo de 2022

José C. López Campos
Alcalde