Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 26 de xullo de 2022 Páx. 41293

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 31 de marzo de 2022 pola que se convoca o programa de autoformación para o persoal ao servizo das administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma, así como para o persoal da Administración de xustiza de Galicia e de administración e servizos (PAS) das tres universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).

Advertido erro na referida resolución, publicada no DOG número 66, do 5 de abril de 2022, cómpre facer a seguinte corrección:

– Na páxina 21771, onde di: «1. Para superar as probas de avaliación, o alumnado deberá responder de forma correcta un 60 % das preguntas do exame, que será de tipo test. As respostas incorrectas non descontarán acertos.», debe dicir: «1. Para superar as probas de avaliación, o alumnado deberá responder de forma correcta un 50 % das preguntas do exame, que será de tipo test. As respostas incorrectas non descontarán acertos.».