Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Mércores, 27 de xullo de 2022 Páx. 41478

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2022 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo de acceso libre e de estabilización para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia.

Unha vez convocado o proceso selectivo de acceso libre e de estabilización para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia subgrupo C1, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia pola Resolución do 16 de decembro de 2021, publicada no Diario Oficial de Galicia número 241, do 17 de decembro, e de conformidade co establecido nas bases das convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo de acceso libre e de estabilización para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2022

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1,
escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia

• Tribunal titular:

Presidencia:

– Pedro Gandarillas Iglesias, persoal funcionario do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de veterinarios.

Secretaría:

– Rebeca Arijón Gontad, persoal funcionario do corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Vogais:

– Alejandro Blanco García, persoal funcionario do corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala executiva do Servizo de Gardacostas de Galicia.

– Beatriz Villaverde Piñeiro, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

– Jesús Fernando Goce Lemos, persoal funcionario do corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia.

• Tribunal suplente:

Presidencia:

– Lino Sexto Bermúdez, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Secretaría:

– Blanca Esther Franco Reza, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Vogais:

– Pedro Luis Pita Rey, persoal funcionario do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de veterinarios.

– Pilar Bermejo y Díaz de Rábago, persoal funcionario do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de veterinarios.

– Adelino Martínez Veloso, persoal funcionario do corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia.