Os plans de formación son un instrumento que contribúe decisivamente á actualización dos coñecementos e das competencias dos/das profesionais, e a formación ten tamén un papel relevante no baremo ordinario aplicable nas vindeiras convocatorias de acceso aos novos graos de carreira profesional.
A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (ACIS), creada polo Decreto 112/2015, do 31 de xullo, ten como un dos seus fins xerais e obxectivos básicos a xestión da formación no sistema público de saúde de Galicia. Por outra parte, á Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde correspóndelle a negociación do contido do plan coas organizacións sindicais, así como a negociación e aprobación dos criterios de selección dos/das participantes nas distintas actividades formativas.
Mediante a Resolución do 21 de xaneiro de 2022, conxunta da Dirección Xeral de Recursos Humanos e da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (DOG núm. 24, do 4 de febreiro), convocouse o Plan de formación para o ano 2022, composto por actividades formativas nas modalidades de autoformación, teleformación e telepresenza; e acordouse a convocatoria de novas actividades formativas para o último cuadrimestre do ano.
Este plan foi impulsado no seu deseño e na elaboración pola Dirección Xeral de Recursos Humanos e pola Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (ACIS), e foi aprobado no Consello de Formación Continuada, o cal está composto por representantes do Servizo Galego de Saúde, da ACIS e das organizacións sindicais CIG, CC.OO., UGT e CSIF, asinantes do acordo de formación continuada.
O Plan de formación para o ano 2022 representa unha clara aposta polo desenvolvemento profesional do persoal do Servizo Galego de Saúde e das entidades adscritas á Consellería de Sanidade e ao Servizo Galego de Saúde, e pretende potenciar aquelas competencias que resultan esenciais no marco da asistencia sanitaria e as vinculadas ás novas necesidades formativas.
Por todo iso e coa finalidade de dar á formación unha continuidade adecuada que a faga realmente efectiva, a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, logo do informe favorable das centrais sindicais CIG, CC.OO., UGT e CSIF, xunto coa Xerencia da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde,
RESOLVE:
Facer pública a convocatoria para participar nas actividades formativas que conforman a segunda parte do Plan de formación continuada do persoal do Servizo Galego de Saúde para o ano 2022, elaborado no marco do Acordo de formación para o emprego das administracións públicas (Plan Afedap). Esta convocatoria deberá resolverse de acordo coas bases publicadas na Resolución do 21 de xaneiro de 2022, conxunta da Dirección Xeral de Recursos Humanos e da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (DOG núm. 24, do 4 de febreiro).
Na páxina web da axencia publicaranse todos os datos precisos das accións formativas que se convocan nesta resolución.
Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2022
Antonio Fernández-Campa García-Bernardo Xerente da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (ACIS) |
Ana Mª Comesaña Álvarez Directora xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde |
ANEXO
Lista de actividades formativas
Título |
Horas |
Comezar con Writer |
10 |
Avanzar con Writer |
10 |
Comezar con Calc |
10 |
Avanzar con Calc |
10 |
Impacto da Lei 8/2021, pola que se reforma a lexislación civil e procesual para o apoio ás persoas con dependencia |
12 |
Identificación e tratamento de fisioterapia na rexión témporo-mandibular |
12 |
O exercicio físico para o tratamento da lumbalxia, da cervicalxia e das diferentes patoloxías espondiloartrósicas lumbares e cervicais |
12 |
Enfermidade da carie da primeira infancia. Abordaxe desde a atención primaria |
8 |
O modelo de análise do resultado do estado actual: modelo área aplicado na saúde mental |
12 |
Calidade do aire interior nos centros sanitarios |
8 |
Equipamento de alta tecnoloxía dentro do Servizo Galego de Saúde |
4 |
Adestramento no manexo de urxencias hospitalarias pediátricas prevalentes |
12 |
Adestramento no manexo de urxencias na planta de hospitalización |
12 |
Adestramento no manexo de urxencias prehospitalarias prevalentes |
12 |
Adestramento no manexo das situacións críticas nas urxencias hospitalarias |
12 |