Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Xoves, 28 de xullo de 2022 Páx. 41542

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 2022 pola que se conceden as subvencións convocadas ao abeiro da Orde do 1 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 238, do 14 de decembro) de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia, con cargo á Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento MT975J).

Mediante a Orde do 1 de decembro de 2021 (DOG núm. 238, do 14 de decembro) a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda fai públicas as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e procédese á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva por anticipado de gasto para o ano 2022 (código de procedemento MT975J).

Segundo o establecido no artigo 16.4 das citadas bases reguladoras, coa finalidade de garantir o cumprimento dos principios de publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación, de conformidade co previsto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia as axudas outorgadas ao abeiro da orde antes referida, expresando a convocatoria, programa e aplicación orzamentaria a que se imputen, os beneficiarios, as cantidades concedidas e a finalidade da subvención.

As axudas convocadas ao abeiro desta orde financiaranse con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022 procedentes do Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

En consecuencia,

RESOLVO:

Publicar as axudas que se relacionan nas táboas que se acompañan como anexo I (beneficiarios) e II (non beneficiarios), concedidas ao abeiro do seguinte:

a) Normas reguladoras da convocatoria:

• Orde do 1 de decembro de 2021 (DOG núm. 238, do 14 de decembro) pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva por anticipado de gasto para o ano 2022 (código de procedemento MT975J).

b) Aplicación orzamentaria: 08.02.541D.760.1, código de proxecto 2022 00035.

c) Finalidade da axuda: a modalidade de axudas previstas nesta orde ten por obxecto o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal. Son liñas subvencionables as seguintes:

• Liña 1. Aceites: proxectos de implantación ou mellora da recollida separada de aceite de cociña usado xerado no ámbito doméstico, do comercio e servizos, para destinalo a valorización para a obtención de biocarburante.

• Liña 2. Téxtiles: proxectos de implantación ou mellora da recollida separada da fracción de residuos téxtiles dos residuos municipais para destinalos a preparación para a reutilización ou reciclaxe.

• Liña 3. Puntos limpos móbiles: proxectos destinados a favorecer a prevención, a recollida separada e a adecuada clasificación de fluxos especiais de residuos municipais a través da adquisición de puntos limpos móbiles para a mellora e ampliación dos servizos prestados pola rede galega de puntos limpos existentes para a reutilización ou reciclaxe na nosa Comunidade Autónoma.

d) Destinatarias: as entidades locais municipais e supramunicipais e agrupacións de entidades locais de Galicia, de conformidade coas competencias que lles correspondan en materia de xestión de residuos. Se a entidade ten as competencias en materia de xestión de residuos delegadas noutra entidade, será esta última a que poderá solicitar estas axudas.

e) Porcentaxe de financiamento e concorrencia con outras subvencións: o financiamento máximo outorgado para as actuacións reguladas nesta orde de axudas non excede o 90 % do custo total subvencionable do proxecto, salvo naqueles casos en que a entidade solicitante propuxo unha porcentaxe de cofinanciamento superior ao 10 % para os efectos do establecido no artigo 14 (criterios de valoración). A dita porcentaxe de cofinanciamento xunto con, de ser o caso, outros gastos non subvencionables, en particular o imposto sobre o valor engadido (IVE), serán asumidos pola entidade beneficiaria e será compatible co financiamento que os beneficiarios poidan recibir doutras administracións, sempre e cando non supere o custo total do proxecto que se vai financiar.

O financiamento achegado non é compatible cos proxectos Clima, promovidos a través do Fondo de Carbono para unha Economía Sustentable (FES-CO2), así como con axudas, subvencións, ingresos ou recursos para a mesma finalidade procedentes de calquera outro fondo europeo, tales como o Feder, REACT-UE, FSE, Feader, Horizonte Europa, etcétera, nos termos sinalados no artigo 23 das bases reguladoras.

f) Período subvencionable e prazo de execución: os proxectos subvencionables deberán observar o establecido no artigo 21 da convocatoria, en particular polo que atinxe á data límite do 30 de novembro de 2022, tanto para a execución das actuacións subvencionables como para a presentación da documentación xustificativa dos investimentos.

g) Xustificación da subvencións: os beneficiarios das axudas quedan obrigados a acreditar, no prazo máximo a que se refire o punto anterior (30 de novembro de 2022), a realización dos proxectos subvencionados e a xustificar a totalidade do orzamento consonte o remitido nas súas memorias.

A xustificación terá que axustarse ao sinalado nos artigos 22 e 23 da Orde do 1 de decembro de 2021 (DOG núm. 238, do 14 de decembro).

h) Requisitos que hai que observar: tal e como se especifica nos artigos referidos no puntos anteriores, entre a documentación acreditativa da xustificación requirida deberase acompañar a relativa ao cumprimento dos requisitos establecidos no artigo 3, número 2 das bases reguladoras.

Así mesmo, segundo o regulado no artigo 4, punto 4 da convocatoria, sen prexuízo do que resulte de aplicación segundo o disposto na normativa aplicable en materia de contratación pública vixente na tramitación do procedemento de contratación e, se é o caso, respecto de contrato menor con adxudicación directa, no caso desta última o beneficiario deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a prestación do servizo ou a entrega do ben, salvo que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten.

i) Aceptación e renuncia da subvencións: transcorridos 10 días hábiles desde a súa notificación sen que a entidade beneficiaria comunicase expresamente a súa renuncia á subvención, entenderase que a acepta, e desde ese momento adquirirá a condición de beneficiaria.

A renuncia á subvención poderase facer por calquera medio que permita a súa constancia, de acordo co establecido no artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

No caso de que se comunicase a renuncia, ditarase a correspondente resolución que se notificará ao interesado por medios electrónicos.

j) Pagamento da axuda e posibilidade de solicitar anticipo: de conformidade co preceptuado no artigo 24 da convocatoria, o pagamento das axudas efectuarase con cargo ao exercicio orzamentario, unha vez efectuado o investimento ou realizado o gasto ou a actividade subvencionable e logo da presentación por parte da entidade beneficiaria da solicitude de aboamento e da xustificación requirida nestas bases reguladoras.

Poderá anticiparse ata o 50 % do importe concedido, de acordo co establecido no artigo 31.6 da Lei 9/2007, no artigo 63 do Decreto 11/2009 e nesta convocatoria. As entidades beneficiarias que queiran acollerse á modalidade de pagamento anticipado deberán manifestalo expresamente no prazo máximo de 10 días hábiles a partir do seguinte ao da notificación da resolución de concesión, mediante a presentación da correspondente solicitude de pagamento anticipado, empregando o modelo que se incorpora como anexo VI.

De non presentar a solicitude de pagamento anticipado enténdese que a entidade solicitante renuncia ao anticipo. Neste caso, o pagamento das axudas levarase a cabo unha vez efectuado o investimento ou realizado o gasto ou actividade e logo da presentación por parte da entidade beneficiaria, no prazo establecido, da documentación xustificativa a que se refire o artigo anterior.

k) Modificación da resolución: toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente doutras achegas fóra dos casos permitidos nas normas reguladoras, poderán dar lugar á modificación da resolución de concesión, de acordo co artigo 17.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Así mesmo, o órgano competente para a concesión destas axudas poderá acordar a modificación da resolución por instancia do beneficiario, sempre que se cumpran os límites e os requisitos recollidos no artigo 35 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

l) Recursos: as resolucións ditadas ao abeiro destas bases porán fin á vía administrativa e contra elas poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou ben impugnala directamente diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses se a resolución é expresa, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2022

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático

ANEXO I

Beneficiarios

Nº de expediente

Nome do solicitante

Provincia

Liña subvencionable

Total gastos subvencionables

Porcentaxe cofinanciamento por parte da entidade local

Importe subvención resultante (ata o 90 % do custo subvencionable co límite da contía máxima establecida)

ATPM-001-2022-RES

Vimianzo

Coruña (A)

LIÑA 1-ACEITE

12.190,07 €

11,00 %

10.849,16 €

ATPM-002-2022-RES

Ribadeo

Lugo

LIÑA 3-PLM

14.998,00 €

10,00 %

13.498,20 €

ATPM-003-2022-RES

Mancomunidade Intermunicipal Voluntaria Terra de Celanova
(Celanova, A Merca, Verea, Quintela de Leirado, Gomesende, Pontedeva, Ramirás e Cartelle)

Ourense

LIÑA 3-PLM

70.661,16 €

10,00 %

63.595,04 €

ATPM-004-2022-RES

Folgoso do Courel

Lugo

LIÑA 3-PLM

73.900,00 €

14,00 %

63.554,00 €

ATPM-005-2022-RES

Arteixo

Coruña (A)

LIÑA 1-ACEITE

15.500,00 €

10,00 %

13.950,00 €

ATPM-007-2022-RES

Malpica de Bergantiños

Coruña (A)

LIÑA 1-ACEITE

11.200,00 €

10,00 %

10.080,00 €

ATPM-008-2022-RES

Monforte de Lemos

Lugo

LIÑA 1-ACEITE

6.996,00 €

10,00 %

6.296,40 €

ATPM-009-2022-RES

A Pontenova

Lugo

LIÑA 3-PLM

49.090,00 €

10,00 %

44.181,00 €

ATPM-010-2022-RES

Foz

Lugo

LIÑA 3-PLM

49.001,35 €

10,00 %

44.101,22 €

ATPM-011-2022-RES

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

LIÑA 1-ACEITE

8.800,00 €

10,00 %

7.920,00 €

ATPM-012-2022-RES

Redondela

Pontevedra

LIÑA 1-ACEITE

3.600,00 €

11,00 %

3.204,00 €

ATPM-013-2022-RES

Redondela

Pontevedra

LIÑA 3-PLM

71.000,00 €

11,00 %

63.190,00 €

ATPM-014-2022-RES

Boqueixon

Coruña (A)

LIÑA 3-PLM

59.000,00 €

10,00 %

53.100,00 €

ATPM-015-2022-RES

Ares

Coruña (A)

LIÑA 3-PLM

71.000,00 €

11,00 %

63.190,00 €

ATPM-016-2022-RES

Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín (Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Verín e Vilardevós)

Ourense

LIÑA 3-PLM

105.000,00 €

11,00 %

93.450,00 €

ATPM-017-2022-RES

Muros

Coruña (A)

LIÑA 3-PLM

9.360,00 €

10,00 %

8.424,00 €

ATPM-018-2022-RES

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

LIÑA 3-PLM

53.799,90 €

10,00 %

48.419,91 €

ATPM-020-2022-RES

Laxe

Coruña (A)

LIÑA 1-ACEITE

6.800,00 €

23,1177 %

5.228,00 €

ATPM-022-2022-RES

O Rosal

Pontevedra

LIÑA 3-PLM

65.244,00 €

10,00 %

58.719,60 €

ATPM-027-2022-RES

A Pastoriza

Lugo

LIÑA 2-TEXTIL

6.145,00 €

10,00 %

5.530,50 €

ATPM-029-2022-RES

Arzua

Coruña (A)

LIÑA 3-PLM

65.450,00 €

25,00 %

49.087,50 €

ATPM-035-2022-RES

Carballo

Coruña (A)

LIÑA 2-TEXTIL

2.000,00 €

11,00 %

1.780,00 €

ATPM-038-2022-RES

Melide

Coruña (A)

LIÑA 3-PLM

46.946,28 €

10,00 %

42.251,65 €

ATPM-039-2022-RES

Salceda de Caselas

Pontevedra

LIÑA 3-PLM

27.000,00 €

10,00 %

24.300,00 €

ATPM-040-2022-RES

Palas Rei

Lugo

LIÑA 3-PLM

70.500,00 €

10,00 %

63.450,00 €

ATPM-041-2022-RES

Aranga

Coruña (a)

LIÑA 3-PLM

49.902,25 €

11,00 %

44.413,00 €

ATPM-043-2022-RES

Brión

Coruña (a)

LIÑA 3-PLM

58.000,00 €

11,00 %

51.620,00 €

ATPM-044-2022-RES

O Corgo

Lugo

LIÑA 3-PLM

83.000,00 €

15,66 %

70.000,00 €

ATPM-045-2022-RES

Chantada

Lugo

LIÑA 3-PLM

26.666,49 €

15,00 %

22.666,52 €

ATPM-046-2022-RES

Viveiro

Lugo

LIÑA 3-PLM

47.395,79 €

10,00 %

42.656,21 €

ATPM-047-2022-RES

Agrupación de Castroverde, Baleira e Pol

Lugo

LIÑA 3-PLM

107.000,00 €

25,23 %

80.000,00 €

ATPM-048-2022-RES

Boiro

Coruña (A)

LIÑA 3-PLM

14.900,00 €

10,00 %

13.410,00 €

ATPM-050-2022-RES

A Pobra do Caramiñal

Coruña (A)

LIÑA 1-ACEITE

2.800,00 €

10,00 %

2.520,00 €

ATPM-051-2022-RES

A Pobra do Caramiñal

Coruña (A)

LIÑA 2-TEXTIL

2.000,00 €

10,00 %

1.800,00 €

ATPM-053-2022-RES

Ortigueira

Coruña (A)

LIÑA 3-PLM

60.000,00 €

10,00 %

54.000,00 €

ATPM-056-2022-RES

Meaño

Pontevedra

LIÑA 3-PLM

56.371,90 €

12,00 %

49.607,27 €

ATPM-057-2022-RES

Marín (I)

Pontevedra

LIÑA 1-ACEITE

4.840,00 €

10,00 %

4.356,00 €

ATPM-057-2022-RES

Marín (II)

Pontevedra

LIÑA 2-TEXTIL

7.200,00 €

10,00 %

6.480,00 €

ATPM-058-2022-RES

Agrupación dos concellos de Baltar e Os Brancos

Ourense

LIÑA 3-PLM

59.668,02 €

10,00 %

53.701,22 €

ATPM-059-2022-RES

Lugo

Lugo

LIÑA 3-PLM

41.000,00 €

10,00 %

36.900,00 €

ATPM-060-2022-RES

Lugo

Lugo

LIÑA 1-ACEITE

13.350,00 €

10,00 %

12.015,00 €

ATPM-064-2022-RES

Cee

Coruña (A)

LIÑA 1-ACEITE

16.875,00 €

12,00 %

14.850,00 €

ATPM-065-2022-RES

Agrupación dos concellos do Pereiro de Aguiar e Nogueira de Ramuín

Ourense

LIÑA 3-PLM

60.000,00 €

10,00 %

54.000,00 €

ATPM-066-2022-RES

Dumbría

Coruña (A)

LIÑA 3-PLM

58.000,00 €

10,00 %

52.200,00 €

ATPM-068-2022-RES

Narón

Coruña (A)

LIÑA 1-ACEITE

10.395,00 €

12,00 %

9.147,60 €

ATPM-069-2022-RES

Narón

Coruña (A)

LIÑA 3-PLM

42.000,00 €

10,00 %

37.800,00 €

ATPM-070-2022-RES

Santa Comba

Coruña (A)

LIÑA 1-ACEITE

11.673,02 €

10,00 %

10.505,72 €

ATPM-073-2022-RES

Ribeira

Coruña (A)

LIÑA 3-PLM

59.808,02 €

11,00 %

53.229,14 €

ATPM-074-2022-RES

O Grove

Pontevedra

LIÑA 3-PLM

48.000,00 €

11,00 %

42.720,00 €

ATPM-075-2022-RES

Noia

Coruña (A)

LIÑA 3-PLM

58.000,00 €

15,00 %

49.300,00 €

ATPM-078-2022-RES

Frades

Coruña (A)

LIÑA 1-ACEITE

12.400,00 €

10,00 %

11.160,00 €

ATPM-079-2022-RES

Villalba

Lugo

LIÑA 3-PLM

65.450,00 €

10,00 %

58.905,00 €

ATPM-080-2022-RES

Mondoñedo

Lugo

LIÑA 3-PLM

23.500,00 €

10,00 %

21.150,00 €

ATPM-083-2022-RES

O Carballiño

Ourense

LIÑA 3-PLM

60.000,00 €

10,00 %

54.000,00 €

ATPM-084-2022-RES

Ordes (I)

Coruña (A)

LIÑA 1-ACEITE

16.848,00 €

10,00 %

15.000,00 €

ATPM-084-2022-RES

Ordes (II)

Coruña (A)

LIÑA 2-TEXTIL

16.530,00 €

10,00 %

14.877,00 €

ATPM-084-2022-RES

Ordes (III)

Coruña (A)

LIÑA 3-PLM

77.780,01 €

10,00 %

70.000,00 €

ATPM-087-2022-RES

Pantón

Lugo

LIÑA 3-PLM

56.700,00 €

10,00 %

51.030,00 €

ATPM-088-2022-RES

Agrupación Voluntaria de Moraña, Portas e Campo Lameiro

Pontevedra

LIÑA 3-PLM

60.000,00 €

10,00 %

54.000,00 €

ATPM-089-2022-RES

Agrupación Voluntaria de Trazo-Val do Dubra

Coruña (A)

LIÑA 3-PLM

75.000,00 €

10,00 %

67.500,00 €

ATPM-092-2022-RES

Agrupación Voluntaria Guitiriz-Xermade

Lugo

LIÑA 3-PLM

60.793,11 €

11,00 %

54.105,87 €

ATPM-093-2022-RES

Mancomunidade de concellos do Morrazo
(Cangas, Moaña e Bueu)

Pontevedra

LIÑA 1-ACEITE

7.601,50 €

10,00 %

6.841,35 €

ANEXO II

Non beneficiarios

ATPM-054-2022-RES

Neda

P1505600E

LIÑA 3-PLM

Non beneficiario

ATPM-055-2022-RES

Cedeira

P1502200G

LIÑA 3-PLM

Non beneficiario

ATPM-061-2022-RES

Vilanova de Arousa

P3606100J

LIÑA 3-PLM

Non beneficiario

ATPM-062-2022-RES

Tomiño

P3605400E

LIÑA 3-PLM

Renuncia

ATPM-063-2022-RES

Baiona

P3600300B

LIÑA 3-PLM

Non beneficiario

ATPM-067-2022-RES

Pedrafita do Cebreiro

P2704500D

LIÑA 3-PLM

Desistido/non emendado

ATPM-071-2022-RES

Santa Comba

P1507800I

LIÑA 3-PLM

Non beneficiario

ATPM-072-2022-RES

Outes

P1506300A

LIÑA 1-ACEITE

Desistido/non emendado

ATPM-076-2022-RES

Laxe

P1504100G

LIÑA 3-PLM

Non beneficiario

ATPM-077-2022-RES

Valdoviño

P1508800H

LIÑA 3-PLM

Desistido/non emendado

ATPM-081-2022-RES

Rianxo

P1507300J

LIÑA 3-PLM

Desistido/non emendado

ATPM-082-2022-RES

Salvaterra de Miño

P3605000C

LIÑA 3-PLM

Non beneficiario

ATPM-085-2022-RES

Vilar de Santos

P3209100A

LIÑA 1-ACEITE

Desistido/non emendado

ATPM-086-2022-RES

Vilar de Santos

P3209100A

LIÑA 2-TEXTIL

Desistido/non emendado

ATPM-090-2022-RES

Carballeda de Avia

P3201900B

LIÑA 1-ACEITE

Desistido/non emendado

ATPM-091-2022-RES

Carballeda de Avia

P3201900B

LIÑA 2-TEXTIL

Desistido/non emendado