Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Xoves, 28 de xullo de 2022 Páx. 41720

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Sadurniño

ANUNCIO de publicación das bases para a cobertura dunha praza de axente de igualdade polo procedemento especial de estabilización de emprego temporal.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 108, do 8 de xuño de 2022, publicáronse as bases para a cobertura dunha praza de axente de igualdade, persoal laboral fixo, polo procedemento especial de estabilización do emprego temporal de longa duración, a través de concurso, aprobadas polo Acordo da Xunta de Goberno Local, do 23 de maio de 2022 (modificadas mediante Acordo da Xunta de Goberno Local, do 13 de xuño, no Boletín Oficial da provincia número 114, do 16 de xuño).

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

San Sadurniño, 7 de xullo de 2022

Secundino García Casal
Alcalde