Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Venres, 29 de xullo de 2022 Páx. 42060

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 12 de xullo de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifican os requirimentos da documentación necesaria para resolver os expedientes de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas (expediente 56476 e tres máis).

Intentada a notificación do requirimento da documentación necesaria para resolver o expediente de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas ás persoas interesadas que se especifican no anexo, e ao non ser posible efectuala, notifícaselle por medio deste anuncio co fin de que poidan coñecer o seu contido íntegro e para constancia de tal coñecemento, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para tal efecto, os interesados poderán comparecer no prazo de 10 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desde anuncio, nas dependencias da Xefatura Territorial (Tarxeta Sanitaria), sita na rúa García Barbón, núm. 51, 3º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Advírtese que, conforme o artigo 68.1 da dita Lei 39/2015, de non xuntaren os documentos que lle son requiridos no mencionado prazo, teranse por desistidos da súa petición.

Vigo, 12 de xullo de 2022

Natalia Botana Rey
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIE/PAS

Data do requirimento

56476

Y9230496N (representante Y9230486W)

24.5.2022

57245

AW900511 (representante AW900519)

3.6.2022

61421

GC2630890

23.5.2022

62040

AR257181

10.6.2022