Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Venres, 29 de xullo de 2022 Páx. 42087

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 13 de xullo de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, de exposición pública para avaliación ambiental ordinaria do proxecto de ordenación forestal do monte Aguieira, Rañal, Ameneiro e Miranda, na parroquia de Landoi, concello de Cariño (expediente PO-00020269Y).

No Servizo de Montes da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural na Coruña estase tramitando unha solicitude de aprobación do proxecto de ordenación do monte Aguieira, Rañal, Ameneiro e Miranda na parroquia de Landoi, concello de Cariño, por solicitude dos seus propietarios a CMVMC de Landoi.

A superficie afectada é de 575,4952 hectáreas de acordo co proxecto de ordenación. O procedemento está regulado pola Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e polo Decreto 52/2014, do 16 de abril, polo que se regulan as instrucións xerais de ordenación e de xestión de montes de Galicia, sendo tamén de aplicación a Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, modificada pola Lei 9/2018, do 5 de decembro (BOE do 6.12.2018), e segundo o disposto no seu artigo 36, comunícase a exposición pública do proxecto durante un prazo de trinta días, para que calquera persoa ou entidade poida consultalo e, de ser o caso, presentar alegacións a el, como paso previo ao seu envío á Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, que, como órgano ambiental, continuará a tramitación de avaliación de impacto ambiental e formulará a declaración de impacto ambiental que terá a natureza de informe preceptivo e determinante, determinando se procede ou non para os efectos ambientais, a realización do proxecto e, de ser o caso, as condicións en que pode desenvolverse, as medidas correctoras e as medidas compensatorias.

A autoridade forestal é a competente para autorizar a solicitude do proxecto de ordenación do monte veciñal.

Desde o día seguinte á publicación deste anuncio, o proxecto está dispoñible para a súa consulta en horario de atención ao público no Servizo de Montes da Xefatura Territorial, na rúa Vicente Ferrer, número 2, planta sexta norte, na Coruña, e no portal web da Consellería do Medio Rural onde pode consultarse na ligazón seguinte:

http://mediorural.xunta.gal/gl/recursos/anuncios

A Coruña, 13 de xullo de 2022

José Manuel Santos Maneiro
Xefe territorial da Coruña