Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Venres, 29 de xullo de 2022 Páx. 42082

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 12 de xullo de 2022, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se publica a resolución de clasificación do monte Goián (ampliación), do concello de Sarria (expediente 3/2021).

Para os efectos previstos no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, no Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 45.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, na sesión que tivo lugar o 28.6.2022 baixo a presidencia de María Olga Iglesias Fontal, e coa asistencia dos vogais Miguel Ángel Cela González, Josefina Pereira de la Riera e Antonio José López-Acuña Herrero, e da secretaria Lucía Belver Quiroga, ditou a resolución de clasificar como veciñal en man común o seguinte monte:

– Nome: Goián (ampliación).

– Pertenza: veciños da parroquia de Goián.

– Parroquia: Goián.

– Concello: Sarria.

– Superficie: 6,00 hectáreas.

Na seguinte táboa indícanse, diferenciadas en 5 zonas, as referencias catastrais das parcelas obxecto de clasificación, así como das estremeiras. O plano que figura no anexo, ao final deste anuncio, facilita a súa localización.

Zona

Parcela obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

1

27057A02300631

Norte

27057A02300255

Leste

27057A02300255

Sur

27057A02309007 camiño

Oeste

27057A02300263

2

27057A02201218 27057A02201263 27057A02201219 27057A02201150

Norte

27057A02209003 camiño

27057A02201148

27057A02201149

27057A02209007 camiño

27057A02201152

27057A02209004

Leste

27057A02201169

27057A02201130

27057A02201129

27057A02209003 camiño

Sur

27057A02200837

Oeste

27057A02200837

27057A02200841

27057A02201131

27057A02201132

27057A02201141

27057A02201146

27057A02201145

27057A02201143

3

27057A02201220

Norte

27057A02209004 camiño

Leste

27057A02209004

Sur

27057A02200839

27057A02201129

Oeste

27057A02201130

4

27057A02201193

Norte

27057A02200846

Leste

27057A02200839

27057A02200840

Sur

27057A02200840

Oeste

27057A02209003

5

27057A02300440

Norte

27057A02309021 camiño

27057A02209009 camiño

Leste

27057A02209009

Sur

27057A02209009

27057A02300442

Oeste

27057A02300441

27057A02309021

Tendo en conta esta ampliación, o MVMC da comunidade de Goián pasa a ter unha superficie total de 142 hectáreas.

Contra esta resolución, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 12 de xullo de 2022

María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Lugo

missing image file

ANEXO