Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Venres, 29 de xullo de 2022 Páx. 42024

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 2022, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados, convocado pola Resolución do 15 de abril de 2021, publicada no Diario Oficial de Galicia número 76, do 23 de abril, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do quinto exercicio.

Consonte o previsto na base II.2.5 da resolución de convocatoria do proceso selectivo, convócanse para a realización do quinto exercicio o día 28 de setembro de 2022, ás 9.00 horas, na Sala D do Edificio Administrativo de San Caetano os seguintes aspirantes:

28 de setembro de 2022

Rodicio Cimadevilla, Guillermo José

***2916**

Díaz Cuenca, Isabel María

***9195**

Para o seu desenvolvemento, os aspirantes poderán servirse de textos legais e xurisprudenciais. O tempo de duración será de cinco (5) horas.

As persoas aspirantes deberán comparecer o mesmo día na mesma sala ás 16.15 horas para a lectura do exercicio ante o tribunal, en sesión pública.

As persoas aspirantes deberán presentarse provistas de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal.

O chamamento para cada exercicio será único, de forma que os aspirantes que non comparezan serán excluídos.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento de que se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2022

Santiago Valencia Vila
Presidente do tribunal