Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Venres, 29 de xullo de 2022 Páx. 42106

VI. Anuncios

b) Administración local

Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés

ANUNCIO de aprobación da conta xeral de 2021.

Unha vez rendida a conta xeral para o exercicio de 2021 e ditaminada pola Comisión Especial de Contas en sesión do 10 de maio de 2022, xunto co ditame e documentos que a xustifican, exponse ao público na Secretaría-Intervención municipal, por un prazo de quince (15) días hábiles, que se computarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante os cales e oito días máis os interesados poderán formular por escrito as reclamacións, reparos ou observacións que coiden oportunas, tal e como se sinala no artigo 212.3 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais.

Sarria, 30 de xuño de 2022

Claudio Garrido Martínez
Presidente