Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Venres, 29 de xullo de 2022 Páx. 42104

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Catoira

ANUNCIO da convocatoria para a provisión en propiedade, por concurso-oposición, dunha praza de persoal laboral fixo, a tempo parcial, auxiliar administrativo, categoría IV, mediante a aplicación dos procesos de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, incluída na oferta de emprego público de 2022.

Mediante Resolución da Alcaldía, do 13 de xullo de 2022, aprobáronse as bases que rexerán a convocatoria para a provisión en propiedade, dunha (1) praza de persoal laboral fixo, a tempo parcial, categoría IV, mediante a aplicación dos procesos de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, e incluída na oferta de emprego público de 2022, coas seguintes características:

Praza de persoal laboral fixo, a tempo parcial, denominada auxiliar administrativo, pertencente á categoría IV e adscrita ao Departamento de Servizos Sociais municipais.

Número de vacantes: 1.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 140, do 22 de xullo de 2022, publicáronse as referidas bases na súa integridade.

Prazo de presentación das solicitudes: dez (10) días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Catoira, 22 de xullo de 2022

Alberto García García
Alcalde presidente