Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Venres, 29 de xullo de 2022 Páx. 41911

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

EXTRACTO da Resolución do 18 de xullo de 2022 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas á dixitalización Industria 4.0 para o ano 2022, cofinanciadas no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG300C).

BDNS (Identif.): 641070.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Beneficiarias

As pequenas e medianas empresas (pemes), segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño), calquera que sexa a súa forma xurídica e que teñan un centro de traballo en Galicia no cal se vaia realizar o proxecto.

Segundo. Obxecto

As axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva e teñen por obxecto a posta en marcha de proxectos de dixitalización cuxa finalidade sexa a implantación de solucións para o soporte dixital de procesos dunha empresa ou para proxectos de interconexión dixital de procesos entre unha peme galega e outras empresas, ou entre dúas ou máis pemes galegas, como poden ser ordes de fabricación distribuída, sistemas de facturación e procesos entre un líder industrial cara ás pemes que conforman a súa cadea de valor.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 18 de xullo de 2022 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras dos obradoiros e das axudas á dixitalización Industria 4.0 para o ano 2022, cofinanciadas no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG300C).

Cuarto. Importe

Os créditos dispoñibles para as concesións na convocatoria da liña IG240 Axudas aboaranse con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias e polos seguintes importes e distribución plurianual:

Proxectos tipo 1 (<50.000 €):

– Partida orzamentaria 06.A1.741.A.7706: 90.000 € con cargo ao ano 2022 e 1.335.000 € con cargo ao ano 2023.

– Partida orzamentaria 06.A1.741.A.7810: 15.000 € con cargo ao ano 2022 e 60.000 € con cargo ao ano 2023.

Proxectos tipo 2 (entre 50.000 e 120.000 €):

– Partida orzamentaria 06.A1.741.A.7706: 90.000 € con cargo ao ano 2022 e 1.335.000 € con cargo ao ano 2023.

– Partida orzamentaria 06.A1.741.A.7810: 15.000 € con cargo ao ano 2022 e 60.000 € con cargo ao ano 2023.

Proxectos tipo 3 (>120.000 €):

– Partida orzamentaria 06.A1.741.A.7706: 150.000 € con cargo ao ano 2022 e 1.750.000 € con cargo ao ano 2023.

– Partida orzamentaria 06.A1.741.A.7810: 20.000 € con cargo ao ano 2022 e 80.000 € con cargo ao ano 2023.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia e rematará o 8 de setembro de 2022.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2022

Patricia Villajos Grande
Xerente do Instituto Galego de Promoción Económica