Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Luns, 1 de agosto de 2022 Páx. 42307

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mondariz-Balneario

ANUNCIO de nomeamento de funcionaria.

A Alcaldía, mediante a Resolución do 30 de maio de 2022, nomeou persoal funcionario deste concello a Ana Celia Barcia Rodríguez, con DNI xx834xxx-Z, para desempeñar o posto de arquitecta técnica, con xornada a tempo parcial (dous días semanais), encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnica media, integrada no grupo A2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas para o efecto.

O nomeamento efectuouse segundo a proposta do tribunal cualificador, ao cal se lle dá publicidade de conformidade co disposto no artigo 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo.

Contra a resolución do nomeamento, que pon fin á vía administrativa, poderán interpoñer os interesados, ben recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación, ao abeiro do establecido no artigo 124.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra.

Non obstante, os interesados tamén poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren procedente conforme a dereito.

Mondariz-Balneario, 30 de maio de 2022

José Antonio Lorenzo Rodríguez
Alcalde