Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Luns, 1 de agosto de 2022 Páx. 42309

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Pastoriza

ANUNCIO da oferta de emprego público de 2022.

En cumprimento do disposto no artigo 70.2 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado publico, faise público que, de acordo co artigo citado e co artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, a Xunta de Goberno Local, en sesión do 27 de maio de 2022, aprobou a oferta de emprego público do Concello da Pastoriza para o ano 2022, que comprende a praza que a seguir se menciona dotada no orzamento da corporación e, en atención ao disposto no artigo 20 da Lei 22/2021, do 28 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2022:

Categoría

Número de vacantes

Denominación

Tipo de xornada

Sistema de selección

Persoal laboral

1

Operario/a de servizos múltiples

Completa

Concurso oposición

Contra a resolución que se publica, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer alternativamente recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo ou, á súa elección, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da última publicación deste anuncio, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpoñer o recurso potestativo de reposición, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou sexa desestimado por silencio.

A Pastoriza, 6 de xullo de 2022

Primitivo Iglesias Sierra
Alcalde presidente