Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Martes, 2 de agosto de 2022 Páx. 42385

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican as puntuacións provisionais do proceso selectivo para o ingreso polo sistema de concurso, á condición de persoal estatutario fixo da categoría de facultativo/a especialista de atención primaria.

Mediante a Resolución do 18 de abril de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos (Diario Oficial de Galicia núm. 80, do 27 de abril) convocouse o proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o acceso á condición de persoal fixo da categoría de facultativo/a especialista de atención primaria.

A base oitava da resolución citada dispón que, realizada polo tribunal a baremación dos méritos achegados polos/as aspirantes, a Dirección Xeral de Recursos Humanos publicará no Diario Oficial de Galicia o anuncio da súa exposición, con indicación da puntuación provisional obtida por cada aspirante nos distintos puntos do baremo, así como a valoración total do concurso.

Logo de realizada polo tribunal a baremación correspondente de conformidade coa base oitava da resolución de convocatoria, esta dirección xeral, como órgano convocante do proceso,

ACORDA:

Primeiro. Publicar, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), as puntuacións provisionais obtidas polos/as aspirantes presentados/as ao proceso selectivo, na categoría de facultativo/a especialista de atención primaria.

Cada aspirante poderá consultar, ademais, o detalle da puntuación obtida nas distintas epígrafes do baremo, no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Segundo. De conformidade coa base oitava da Resolución do 18 de abril de 2022, contra os resultados da baremación provisional, os/as aspirantes poderán presentar reclamación ante o respectivo tribunal de selección no prazo de cinco (5) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A reclamación deberá presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e deberá dirixirse á sede do tribunal para o efecto de comunicacións, situada na Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

A estimación ou desestimación das reclamacións presentadas entenderase implícita na resolución pola que se aproben as puntuacións definitivas, que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2022

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos