Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Martes, 2 de agosto de 2022 Páx. 42463

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

ANUNCIO do 18 de xullo de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador na orde social RL 2017/0112-1.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen practicar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Intentouse a notificación por correo certificado aos titulares das empresas citadas no anexo, sen que fose posible, polo que se lles notifica por medio deste anuncio a resolución ditada nos correspondentes expedientes sancionadores.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados dispoñen do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para interpoñer recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Relacións Laborais, Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, así como para comprobar o contido íntegro do expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña, na rúa Gregorio Hernández, 2-4, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Advírtese que, de non interpoñeren recurso en tempo e forma, deberán aboar a sanción utilizando necesariamente o documento de pagamento que poderán solicitar nesta xefatura territorial, nos seguintes prazos:

– Sancións notificadas antes do día 15 de cada mes, aboaranse antes do día 20 do mes seguinte da notificación.

– Sancións notificadas despois do día 15 de cada mes, aboaranse antes do día 5 do segundo mes seguinte á notificación.

De non facelo así, procederase á exacción pola vía executiva, nos termos previstos na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

A Coruña, 18 de xullo de 2022

A xefa territorial da Coruña
P.A. (Artigo 62.3 do Decreto 123/2022, do 23 de xuño)
Pedro Pablo Lorenzo Díaz
Xefe do Servizo de Coordinación Administrativa e Xestión Económica

ANEXO

Expediente

Acta inf. nº

Empresa

NIF

Concello

Materia

Data da resolución

RL 2017/0112-1

I152017000007231

Global Metal & Piping Services, S.L.

B70417530

Santiago de Compostela

Seguridade e saúde

7.7.2022