Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Martes, 2 de agosto de 2022 Páx. 42474

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Punxín

ANUNCIO de convocatoria para cubrir unha praza de persoal laboral fixo, polo sistema de concurso-oposición.

Mediante a Resolución da Alcaldía do 9 de xuño de 2022 aprobáronse as bases e a convocatoria para cubrir a praza de persoal laboral fixo dun/dunha traballador/a social e a formación dunha bolsa de emprego, polo sistema de concurso-oposición.

No Boletín Oficial da provincia, na sede electrónica do concello (http://punxin.sedelectronica.gal) e no taboleiro de anuncios aparecen integramente publicadas as bases que deben rexer a convocatoria para a contratación da praza.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia e na sede electrónica do concello (http://punxin.sedelectronica.gal) e no taboleiro de anuncios.

Punxín, 8 de xullo de 2022

Manuel Vázquez Fernández
Alcalde