Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Martes, 2 de agosto de 2022 Páx. 42432

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución da infraestrutura gasística de distribución denominado Addenda ao proxecto de desprazamento da rede R.A.A.-I014.3 en MOP 16 bar afectada polas obras de urbanización no complexo hospitalario, na rúa Irmandade de Sangue, no concello de Ferrol, promovido por Nedgia, S.A. (expediente IN627A 2021/11-1).

Logo de examinar o expediente instruído por pedimento da empresa Nedgia, S.A. con enderezo para os efectos de notificacións na rúa Lisboa, edificio Área Central, local 31 HIJ, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña), resultan os seguintes:

Feitos:

Primeiro. O gasoduto que transcorre polo termo municipal de Ferrol con identificación RAA-I014.3 e titularidade de Nedgia, S.A. encóntrase afectado polas obras de urbanización dun complexo hospitalario, na rúa Irmandade de Sangue, polo que resulta necesario o recuamento dun tramo do gasoduto que resulta afectado.

Conforme o anterior e coa finalidade de cubrir as exixencias técnicas e regulamentarias do recuamento deste gasoduto, con data do 13 de decembro de 2021 a empresa distribuidora Nedgia, S.A. presentou diante desta xefatura territorial, entre outra, a seguinte documentación:

a) Proxecto técnico das instalacións denominado Proxecto de desprazamento da rede R.A.A.-I014.3 en MOP 16 bar afectada polas obras de urbanización no complexo hospitalario, na rúa Irmandade de Sangue, no concello de Ferrol (A Coruña), subscrito por Alejandra Risco Barba, enxeñeira técnico industrial (colexiada nº 25.430 do COITIM). Proxecto GDAG16201200017702.

b) Declaración responsable asinada o 8 de novembro de 2021 pola técnica proxectista, nos termos dispostos na Instrución 5/2012, do 15 de novembro, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas (DOG nº 229, do 30 de novembro) sobre os criterios que se deben aplicar para exixir visado colexial en materia de industria e enerxía.

c) Solicitude de outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución das instalacións recollidas no antedito proxecto.

Para a súa tramitación, á dita solicitude foille asignado o número de expediente administrativo IN627A 2021/11-1.

Cuarto. Mediante o Acordo do 27 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, someteuse a información pública a solicitude feita por Nedgia, S.A. de outorgamento da autorización administrativa da infraestrutura gasista de distribución recollida no proxecto denominado Proxecto de desprazamento da rede R.A.A.-I014.3 en MOP 16 bar afectada polas obras de urbanización no complexo hospitalario, na rúa Irmandade de Sangue, no concello de Ferrol (A Coruña), para os efectos previstos no artigo 73 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos (BOE nº 241, do 8 de outubro), e no artigo 78 do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural (BOE nº 313, do 31 de decembro).

Este acordo publicouse no DOG nº 70, do 11 de abril de 2022, no BOP nº 5, do 10 de xaneiro de 2022 e nos xornais La Voz de Galicia e La Opinión da Coruña do 21 de abril de 2022. Igualmente, foi exposto durante o prazo de vinte (20) días hábiles nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Coruña.

Quinto. Para os efectos do establecido no artigo 56 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, nos termos establecidos no artigo 73 da dita lei, e nos artigos 80 e 84 do Real decreto 1434/2002, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural, remitiuse separata do proxecto da instalación de referencia ao Concello de Ferrol, Telefónica, R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. e UFD Distribución Electricidad, S.A. para que no prazo de vinte (20) días prestasen a súa conformidade ou manifestasen a súa oposición á solicitude de outorgamento da autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución feita polo promotor e, se for o caso, emitan o condicionado técnico correspondente.

Os informes recibidos, cos condicionados establecidos se é o caso, remitíronse a Nedgia, S.A. quen amosou a súa conformidade con eles.

Sexto. Con data do 4 de maio de 2022, a empresa distribuidora Nedgia, S.A. presentou diante desta xefatura territorial unha addenda ao proxecto, motivada pola implantación das obras de pechamento do hospital, polo que é necesario desprazar a canalización de gas proxectada ata o eixe da vía, e achega a seguinte documentación:

a) Proxecto técnico das instalacións denominado Addenda ao proxecto de desprazamento da rede R.A.A.-I014.3 en MOP 16 bar afectada polas obras de urbanización nocomplexo hospitalario, na rúa Irmandade de Sangue, no concello de Ferrol (A Coruña), subscrito por Alejandra Risco Barba, enxeñeira técnica industrial (colexiada nº 25.430 do COITIM). Proxecto GDAG16201200015703.

d) Declaración responsable asinada o 3 de maio de 2022 pola técnica proxectista, nos termos dispostos na Instrución 5/2012, do 15 de novembro, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas (DOG nº 229, do 30 de novembro), sobre os criterios que se deben aplicar para exixir visado colexial en materia de industria e enerxía.

e) Solicitude de outorgamento de aprobación do proxecto de execución das instalacións recollidas no antedito proxecto.

Para os efectos do establecido no artigo 56 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, nos termos establecidos no artigo 73 da dita lei, e no artigo 84 do Real decreto 1434/2002, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural, remitiuse separata do proxecto de execución da instalación de referencia ao Concello de Ferrol, Telefónica, R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. e UFD Distribución Electricidad, S.A. para que no prazo de vinte (20) días prestasen a súa conformidade ou manifestasen a súa oposición á solicitude de outorgamento da autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución feita polo promotor e, se for o caso, emitan o condicionado técnico correspondente.

Os informes recibidos, cos condicionados establecidos se é o caso, do Concello de Ferrol, R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. e UFD Distribución Electricidad, S.A. remitíronse a Nedgia, S.A., quen amosou a súa conformidade con eles.

Consonte o establecido no artigo 84 procedeuse a reiterar a solicitude de condicionado a Telefónica e unha vez rematado o prazo de 10 días, enténdese a conformidade co condicionado efectuado polo peticionario.

Durante a fase de información pública non se achegaron alegacions, unha vez rematada a tramitación do procedemento e consonte o artigo 82.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, prescíndese do trámite de audiencia.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial da Coruña da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación é competente para resolver o presente expediente, o abeiro do disposto no artigo 2 da Orde do 30 de novembro de 1999, da Consellería de Industria e Comercio, sobre a tramitación de autorizacións administrativas das canalizacións de gas (DOG nº 244, do 21 de decembro), no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 230/2020, do 23 de decembro, da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (DOG nº 5, do 11 de xaneiro de 2021).Todo o anterior de conformidade coa disposición transitoria do Decreto 58/2022, do 15 de maio (DOG do 16 de maio) e coas disposicións adicionais segunda e terceira do Decreto 73/2022, do 25 de maio (DOG do 27 de maio).

2. A normativa de aplicación a este expediente é:

• Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos (BOE nº 241, do 8 de outubro) modificada pola Lei 12/2007, do 2 de xullo (BOE nº 158, do 3 de xullo).

• Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización das instalacións de gas natural (BOE nº 313, do 31 de decembro).

• Real decreto 919/2006, do 28 de xullo, polo que se aproba o Regulamento técnico de distribución e utilización de combustibles gasosos e as súas instrucións técnicas complementarias ICG 01 a 11 (BOE nº 211, do 4 de setembro) e, en particular, o disposto na ITC-ICG 01 Instalacións de distribución de combustibles gasosos por canalización.

• Decreto 62/2010, do 15 de abril, da Consellería de Economía e Industria, polo que se regula o trámite de competencia e os criterios de valoración no suposto de concorrencia de dúas ou máis solicitudes de autorización administrativa de instalacións de transporte secundario e distribución de gas natural e redes de distribución de gases licuados do petróleo (GLP) (DOG nº 77, do 26 de abril).

• Decreto 51/2011, do 17 de marzo, da Consellería de Economía e Industria, polo que se actualiza a normativa en materia de seguridade industrial na Comunidade Autónoma de Galicia para a súa adaptación á Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos no mercado interior (DOG nº 65, do 1 de abril).

• Orde do 30 de novembro de 1999, da Consellería de Industria e Comercio (DOG nº 244, do 21 de decembro), que regula o procedemento sobre a tramitación de autorizacións administrativas das canalizacións de gas, e no seu artigo 2, en particular, as competencias das delegacións provinciais (actualmente, xefaturas territoriais), dentro do réxime de autorizacións administrativas das canalizacións de gas, excepto a normativa derrogada a que se fai referencia nesta orde.

3. As características máis significativas das instalacións recollidas na Addenda ao proxecto de desprazamento da rede R.A.A.-I014.3 en MOP 16 bar afectada polas obras de urbanización no complexo hospitalario, na rúa Irmandade de Sangue, no concello de Ferrol (A Coruña), para as que se está a solicitar o outorgamento da autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución, son:

Obxecto do proxecto: execución do desprazamento da rede R.A.A.- I014.3 en MOP 16 BAR afectada polas obras de urbanización no complexo hospitalario, na rúa Irmandade de Sangue, no concello de Ferrol (A Coruña).

A rede RAA-I014.3 ten as seguintes características:

• Presión máxima de operación 16 bar.

• Presión máxima de deseño 16 bar.

• Diámetro aceiro 4”.

• Espesor 3,6 mm.

E o desprazamento proxectado consiste:

• Desprazamento de 227,00 metros dunha condución de aceiro DN 4”, en MOP 16 bar, consonte o recollido na planimetría.

• Desprazamento de válvula de acometida.

• Orzamento de execución material: 108,824,14 €.

4. O artigo 2 da Orde do 30 de novembro de 1999 sobre a tramitación de autorizacións administrativas das canalizacións de gas, determina que (...) correspóndelles ás delegacións provinciais (actuais xefatura territoriais), en tanto non se alteren os termos das autorizacións administrativas ditadas por órgano superior, a autorización administrativa do resto de instalacións, coas seguintes puntualizacións:

1.a) Instalacións que requiren autorización individual:

As canalizacións de presión máxima de servizo entre 4 e 16 bar con diámetro maior de 114,3 mm (4’’).

5. Non consta no expediente que fose presentada alegación algunha referente á solicitude feita por Nedgia, S.A. durante o período legal previsto no trámite de información pública.

6. Os servizos técnicos desta xefatura informan que, unha vez analizado o expediente, as instalacións proxectadas cumpren cos requisitos regulamentarios e procede continuar coa súa tramitación.

De acordo co todo o indicado,

RESOLVO:

1. Autorizar administrativamente e aprobar o proxecto de execución das instalacións de gas canalizado proxectadas e descritas nos antecedentes, para a súa execución no prazo máximo dun ano desde a publicación desta resolución.

2. A autorización das instalacións concederase coas seguintes condicións:

• A aprobación do proxecto de execución solicitada por Nedgia, S.A. outorgarase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables, e en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

• Antes do inicio das obras Nedgia, S.A. poñerá en coñecemento de todas as administracións, organismos ou empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral con bens e dereitos ao seu cargo das respectivas afeccións que se estean a xerar coa execución das instalacións, coa finalidade de que poidan avaliar o seu contido, e establecer os condicionantes que consideren oportuno.

• Previo ao inicio das obras deberán achegar a esta xefatura territorial todas as autorizacións e permisos dos titulares dos bens afectados polas instalacións proxectadas, xunto coa designación da razón social da empresa instaladora autorizada de gas que vai realizar as obras e o director de obra responsable delas.

• A empresa distribuidora vixiará que as canalizacións de gas respecten en todo momento as exixencias dispostas nas autorizacións e/ou informes emitidos por outras administracións, organismos ou empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral e, en particular, naquelas zonas en que no subsolo se encontren instalados outros servizos, tales como electricidade, telecomunicacións, subministración de auga, etc., as conducións do gas serán instaladas de xeito que se cumpran escrupulosamente as distancias de seguridade previstas nas súas respectivas normativas sectoriais.

• De conformidade cos criterios e exixencias previstos na regulamentación vixente, deberanse instalar os elementos de seguridade que sexan necesarios, particularmente válvulas, coidando da súa accesibilidade.

• Se durante a fase de execución das obras se tivesen que adoptar medidas técnicas non previstas neste proxecto e no proxecto inicialmente autorizado, e previo á súa execución, deberase de dispoñer do pertinente visto e prace desta xefatura territorial.

• Todas as modificacións efectuadas na fase de execución deberán de ser recollidas na dirección de obra, sempre e cando non superen un 20 % respecto das instalacións recollidas neste proxecto, e só no que se refire ao cambio de trazado, superado este límite deberán achegar a correspondente addenda para a súa aprobación por parte desta xefatura territorial.

• Esta xefatura territorial reservará para si o dereito a deixar sen efecto a autorización que se considere procedente emitir, no momento en que se comprobe o incumprimento das condicións regulamentarias ou de calquera das condicións precedentes.

• Para os efectos da posta en marcha parcial das instalacións, presentarase un certificado da empresa distribuidora e da empresa instaladora de superación das probas regulamentarias realizadas baixo a supervisión do director de obra responsable delas, e o seu certificado de dirección de obra.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do 26 de novembro, do procedemento administrativo común da administracións publicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 30 de xuño de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña